Os deputados populares mantiveron unha xuntanza cos traballadores do parque comarcal de bombeiros de Barreiros e comprobaron como as eivas e deficiencias denunciadas por eles “non se solucionan pola falta de vontade” da xerencia do Consorcio proposta pola Deputación de Lugo
Barreiros, 24 de maio de 2024. Os deputados populares Antonio Ameijide, Demetrio Salgueiro, Clemente Iglesias e José María Fernández mantiveron unha xuntanza cos bombeiros do parque comarcal de Barreiros para coñecer directamente as necesidades e problemas dos traballadores deste servizo, unha reunión trala cal os populares afirmaron saír “alarmados” polo “absoluto abandono” que sofren por parte da Xerencia do Consorcio.
Durante este encontro, os populares comprobaron como son “numerosas” as deficiencias existentes neste parque, tanto nas instalacións como nos vehículos e elementos de traballo dos bombeiros, o que evidencia “o abandono” aos que os teñen sometidos por parte da Xerencia do Consorcio impulsada pola Deputación de Lugo, a pesar de que contan cun orzamento de 5.803.624,01€ (ao final da nota xúntase un resumo de todas as deficiencias sinaladas polos propios bombeiros).
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, afirma que son necesarios “maior implicación por parte da Xerencia do Consorcio para resolver os problemas denunciados e mellor xestión dos recursos para dar solución aos mesmos”.
Uns problemas derivados da “mala xestión” realizada por parte dos cargos do Consorcio escollidos pola Deputación de Lugo que se exemplifica en que no pleno celebrado onte aprobouse un suplemento de crédito para o orzamento deste ano de 902.886,63€, é dicir, “cartos que non se empregaron o ano pasado a pesar de que eran moi necesarios para corrixir as deficiencias que presentan os parques, os vehículos, a maquinaria e os propios equipos dos bombeiros”, ao que engadiu que “isto é o mellor exemplo de mala xestión por parte da Xerencia do Consorcio”.
Ameiiide defende a “gran profesionalidade” de todos estes traballadores que “pese a todas as deficiencias de medios” que teñen que sufrir “sempre estiveron ao carón dos veciños cando os necesitaron”. Neste senso, o popular destaca que “están nunha formación constante, dando prioridade ao servizo e a prestar un servizo de calidade, sempre preocupados por minimizar o tempo de reacción”.
O voceiro popular explica que “non se pode entender” que os bombeiros teñan que sufrir todas estas deficiencias cando “son profesionais que xogan as súas vidas para salvar as dos demais” polo que urxe “darlles todos os medios que precisen para facer o seu traballo coas máximas garantías posibles”.
O Grupo Provincial Popular preguntará no pleno as medidas que se tomarán dende o goberno provincial para poñer fin a todos os problemas que aluden os bombeiros así como se estudará a posibilidade de solicitar informes técnicos dos vehículos, dos medios técnicos e do propio parque comarcal.
DEFICIENCIAS DENUNCIADAS
No referente aos vehículos de emerxencias:
Camión autoescada:
Ten un problema de sobrequecemento o que provoca fallos de temperatura. Notificouse o problema en dúas ocasións, antes do verán e o 4 de novembro do 2023. Mentres non se solucione provoca que o desprazamento deste vehículo sexa moi lento para evitar que xurda de novo o problema.
Erros nos sensores de estabilización o que provoca que non se poida subir e empregar a escaleira, fundamental para traballos en rescates en altura e fachadas.
O camión pequeno, tamén chamado bul ou nodriza:
Non ten suficiente potencia. En pendentes ascendentes acada unha velocidade media non superior a 30 ou 40 km/h, mentres que en autovía non chega aos 60km/h supoñendo un risco para a circulación.
En 2023 sacaron a licitación (sen consultar a opinión dos bombeiros do parque) a compra de vehículos con menos cabalos dos que son necesarios para un correcto desempeño do traballo (240 ou 290 cv fronte aos 400 cv de media en España)
En zonas montañosas sería conveniente dispoñer de vehículos de tracción, como unha bomba rural pesada en lugar de nodriza.
No referente aos equipos de traballo e protección:
EPIS
Precisan equipos de respiración autónoma e máscara para rescate de posibles vítimas, sendo idóneas as de categoría 3 ao protexer de risco vital.
O persoal carece de traxes técnicos e, os que hai unicamente son de intervención, algúns deles herdados.
O persoal careceu de traxes de augas ata hai dous meses.
No referente ás instalacións:
As zonas de descanso non se poden empregar os días de chuvia xa que as numerosas goteiras provocan que chova dentro do edificio.
Vestiarios insalubres.
Goteiras e humidades nas cocheras.
Acceso ao parque
Totalmente deteriorado, con zonas con problemas para manobrar.
Tardan 1 minuto e medio en saír á rotonda.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



