Os burelenses derrotaron ao Unión África Ceutí nun vibrante encontro que se decideu pola mínima (2-1)
Burela, 25 de maio, 2024. Comezan as primeiras semifinais dos Playoff para o Ascenso, a máis tardía ás 21.00h desta tarde no Pavillón Municipal Vista Alegre de Burela, o Pescados Rubén Burela FS – Unión África Ceutí, cun resultado final 2-1. Nunha Tarde Laranxa onde o conxunto feminino do mesmo club se enfrontou, ás 18.30h, ao seu último partido da liga regular de 1ª División Iberdrola FS, derbi no que resultou vencedor ante o Viaxes Amarelle FSF co mesmo resultado que os seus compañeiros. Incrible resposta da afección nesta fin de semana cun pavillón cheo, con máis de 1000 espectadores, entre os que acudiron o Presidente da Federación Ceutí, D. Antonio García Gaona, o responsable do futsal feminino da RFEF e Vicepresidente da RFGF, Pablo Prieto e o Conselleiro do Mar, Alfonso Villares.
Nunha primeira parte con poucas ocasións, durante os primeiros 5 minutos sucédense as primeiras rotacións a contagotas. Sae Pitero a pista no minuto 4 e xera as dúas primeiras oportunidades claras do partido para o conxunto local. Continúa o encontro con moito xogo de balón e a tensión propia dun primeiro partido de Playoffs. Dez minutos de xogo tolo, con poucas chegadas a portería, e no minuto 12 dúas ocasións seguidas do UA Ceutí, a primeira sálvaa Michal que sae despexar un balón de Abraham e unha segunda de Dani Fernández que a tira fóra. Tras un tempo morto e a estrea en pista de Rikelme, o á brasileiro case anota o primeiro nunha acción na área que defende ben Germán Román. Tras un saque de banda rápido volve Rikelme a lanzala, esta vez fóra, no minuto 14. Nos próximos minutos sucédese a presión do conxunto visitante pero a boa defensa dos locais frea os continuos intentos do Ceutí por puntuar. A tres minutos do final da primeira parte Víctor Arévalo salva o 1-0 para os locais nun lanzamento longo de Kaluza que saca por encima do traveseiro coa cabeza e na seguinte xogada outra ocasión clarísima de Van der Casteele que lanza dende a área, pero atópase con Michal. Minuto 18 e entrada durísima de Víctor Arévalo que provoca unha falta perigosa a favor do Burela que non logra pasar a berrera ceutí. A continuación, Malaguti e Alberto perden un rexeite que puido ser o primeiro tanto da tarde. A oportunidade máis clara da primeira parte tena Alberto a dous segundos do descanso que dispara a portería case desde a liña de meta nun rexeite, pero Germán Román detena coas mans frustrando o primeiro tanto que tan ben viría para irse ao descanso con vantaxe.
Na segunda metade sae Rafa López a defender os paus do conxunto ceutí. No minuto 2 Charly anota por fin o ansiado 1-0 rematando unha falta en curto que saca Ismael. Dous minutos despois Isma vese frustrado por Rafa López nunha xogada individual pola banda. No 26 pau de Malaguti que recibe na banda e realiza un xiro antes de fusilar. O salva Mercado baixo os paus no minuto 27 a un remate de Alberto tras un córner. No minuto 28 cambio de portería no Ceutí ao facerse dano Germán Román, que esperamos quede nun susto, e na seguinte xogada chega o 2-0 cun remate de Isma a un saque de esquina de Ismael. No 32, Dela anota o 2-1 desde o segundo pau a pase de Mercado. Rozando o pau un disparo de Christian Rubio no minuto 36 puido ser o empate. Tras un punto morto para o Ceutí no minuto 38 sae Víctor Arévalo como porteiro-xogador presionando con xogo de 5 ata o final do partido sen lograr o empate.
Un encontro protagonizado por unha afección completamente entregada ao seu equipo, que esperemos que sexa o último en Vista Alegre destas semifinais para os Playoffs de Ascenso. O sábado que vén os pupilos de David Rial volverán enfrontarse ao UA Ceutí no Guillermo Molina ás 12.30h e farano co obxectivo primordial de non volver xogar un terceiro partido en Burela.
Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS 2-1 Unión África Ceutí
Pescados Rubén Burela FS (2): Kaluza; Isma, Alberto, Quelle, Malaguti -quinteto inicial-, Charly, Á. García, Pitero, Lucho, Ismael, Rikelme. Entrenador: David Rial.
U.A. Ceutí (1): Germán Román; Víctor Arévalo, Anuar, Álex García, Van de Casteele -cinco inicial-, Dela, Abraham, Christian Rubio, Dani Fernández, Chano, Nacho, Diego Mercado, Rafa López. Entrenador: Antonio Fernández “Anto”
Goles: 1-0, min.22: Charly. 2-0, min.27: Isma. 2-1, min.32: Dela.
Árbitros: Kepa Díez, Xabier Huarte, Jorge Otero y Patricia Doval.
TA: Isma, Ismael, Christian Rubio, Víctor Arévalo, Rafa López, Van de Casteele, Dani Fernández, Anto.























O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A sesión, ás 18:00 horas no auditorio As Quintas, pechará os actos do 8M en El Franco tras o exitoso XI Encontro de Mulleres. Será a única proxección no Noroccidente asturiano e forma parte do programa autonómico “Igualdade, motor da democracia”, que busca visibilizar a historia e a traxectoria do feminismo no Principado.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.



