“A nosa estación de autobuses continúa nun estado de abandano”, lamenta a alcaldesa, que demanda de novo “unha reunión urxente para desbloquear a situación”
Vilalba, 18 de xuño de 2024. A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, considera que a decisión da Xunta de Galicia “de reforzar o transporte público e as rutas por autobús que chegan ao noso concello é un acerto, pero tamén a constatación de que necesitamos unha estación en boas condicións”.
O Consello da Xunta aprobou onte a contratación da concesión de servizo público de transporte regular de viaxeiros por estrada XG635 -A Coruña-Lugo-A Mariña- cun orzamento de 4,7 millóns de euros.
Este servizo de explotación, cuxa vixencia se prevé estender ata 2030, inclúe ao Concello de Vilalba e impulsará as súas conexións de viaxeiros por estrada.
“É unha boa noticia, que demostra que hai demanda e que é urxente que a nosa estación se acondicione, os nosos veciños e veciñas non merecen unha estación de autobuses pechada e nas condicións nas que está actualmente”, engade Rouco.
A alcaldesa de Vilalba, pídelle de novo á directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, que inclúa “unha solución para a nosa estación de autobuses na súa axenda de prioridades a curto prazo”.
“Tivemos un encontro hai xa sete meses, en novembro, no que a Xunta plantexou unha alternativa inviable e o tema está paralizado desde entón, pese a que xa pedimos en reiteradas ocasións unha reunión para desbloquear este tema”, afirma.
A alcaldesa pide unha renovación integral da estación e, mentres tanto, “os usuarios necesitan contar cuns servizos mínimos, como un lugar onde esperar en condicións e non agardar á intemperie, e tamén uns baños que poidan utilizar”.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



