Ribadeo, 15 de xuño de 2024. O Concello acolleu a presentación do programa do IX Ribadeo Indiano. As vésperas e antevésperas arrincaron hoxe e prolongaranse ata o 6 de xullo, xornada na que terá lugar unha merenda campestre na Granxa Escola Pedro Murias e o concerto de Roi Casal. Ducias de actividades se desenvolverán do 12 ao 14 de xullo en Ribadeo e tamén na Devesa.
No acto de presentación participaron as concelleiras de Turismo e Cultura, Marta Saiz e Begoña Sanjurjo, e a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez.
A concelleira de Turismo indicou que “hoxe presentamos o programa da IX edición do Ribadeo Indiano, un evento de carácter multidisciplinar que parte do feito da emigración, e que este ano terá o pracer de contar cunha pregoeira de excepción experta neste fenómeno Pilar Cagiao, que é profesora titular de Historia de América da USC e directora do Centro Interdisciplinario de Estudos Americanistas Gumersindo Busto da devandita Universidade. Entre as liñas de investigación que vén desenvolvendo destacan as relativas aos movementos migratorios e ás relacións culturais entre España e América acerca das cales coordinou como Investigadora Principal diversos proxectos”.
Saiz dixo que “tras 8 anos nos que o éxito do Ribadeo Indiano foi a máis, toca afrontar unha nova edición coa ilusión posta nunha celebración que nos dá a coñecer polo mundo adiante e que se ten convertido nunha das referencias fundamentais do verán mariñán e galego. Unha nova edición, cargada de propostas diferentes, e que nesta ocasión, como xa adiantamos no seu momento, estará dedicada á alma de dous mundos. A través de diversas conferencias e exposicións tentaremos plasmar a realidade que se vivía nas dúas marxes do Atlántico. Para arroxar luz sobre este tema, acompañarannos Raúl Sotelo Vázquez, Xavier Castro Pérez, Arantxa Fernandez Crespo e Nancy Pérez Rey, expertos estudosos e estudosas do mundo da emigración”.
A edil ribadense contou que “os seus días fortes serán a fin de semana do 12 ao 14 de xullo e como novidade estrela o domingo 14 no barrio de San Roque do centro da vila ás 20.30 horas contaremos co internacionalmente coñecido Vicente García, gañador de catro Grammys Latinos”.
Vésperas e antevésperas
Marta Saiz explicou que “ademais dos actos de tipo festivo, destaca a compoñente cultural que consideramos sumamente importante. Desta maneira, contaremos con múltiples e diversas actividades que se repartirán durante o mes de xuño e comezos de xullo: visitas guiadas, obradoiros de repostería indiana para hostalería e familias, monicreques, teatro, presentacións de libros, etc… E como novidade durante as mesmas celebraremos unha merenda campestre, que terá lugar na Granxa Escola Pedro Murias o sábado 6 de xullo e de seguido o concerto do cantante e compositor Roi Casal”.
Programa
A concelleira de Turismo e Comercio seguiu a relatar que “este ano estarán presentes actuacións musicais, teatro na rúa, visitas guiadas polo noso legado, coches clásicos, xincanas, actividades infantís, obradoiros de bailes, verbenas tradicionais… O deporte volve da man de diferentes entidades asociativas, brindándonos a posibilidade de participar en torneos de billarda, petanca e dominó. Para os/as máis movidos/as, non faltarán obradoiros e demostracións de baile con ritmos latinos e caribeños. E o domingo 14 de xullo a Devesa seguirá a ser un lugar de referencia, gran parte dos actos festivos terán lugar no Círculo Habanero desta parroquia. Sesión vermú, actuacións musicais, paseos guiados e o famoso xantar campestre formarán parte do programa. Os tíckets para o xantar campestre estarán a venda na Oficina de Turismo de Ribadeo en horario de mañá a partir do 1 de xullo. Como nas ultimas edicións o Festival de Habaneras e Música Hispanoamericana estará integrado no evento é celebrarase o sábado 13 de xullo. Tamén, volveremos contar cun mercadiño de produtos de ultramar (os interesados en participar xa poden atopar as bases para a inscrición na páxina web do Concello)”.
E subliñou que “como novidade e co afán de dar cobertura a todas as persoas que nos visiten o sábado 13 de xullo contaremos cun espazo gastronómico a carón do Concello. Tratarase dun servizo de catering rápido, que xurde da necesidade de reforzar aos nosos establecementos de restauración que nestas datas se chegan a ver desbordados pola afluencia de público”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, destacou que “un ano máis contaremos co agardado sorteo dunha viaxe a Cuba para dúas persoas, que terá lugar o 14 de xullo no barrio de San Roque, despois do concerto que ofrecerá Vicente García. Sorteo e actuación serán o broche de ouro desta novena edición do Ribadeo Indiano, un evento tan agardado aquí como noutras terras”.
Cruzado Iglesias sinalou que “milleiros de persoas encherán Ribadeo esa fin de semana así coma outros concellos limítrofes tanto da Mariña como do Occidente asturiano. Estamos diante dos días máis agardados polos negocios locais, que xa están case repletos de reservas para durmir, para xantar e para cear desde hai moitas semanas. As casas de bebidas e de comidas, engalanadas para a ocasión, ofrecerán o mellor de si ao longo deses días con menús e bebidas típicas das Américas”.
Marta Saiz e Carmen Cruzado fan unha chamada ás veciñas e aos veciños de Ribadeo: “para que engalanen os seus balcóns e os seus portais con hortensias, con camelias, coas flores e plantas que trouxeron para aquí os nosos emigrantes e así encher de colorido todos os recunchos da nosa vila. As rúas de Ribadeo van estar decoradas para a ocasión, así coma os diferentes negocios locais, de aí que estaría fenomenal que a poboación se implicase adornando os seus inmobles”.
A concelleira de Turismo e Comercio rematou a súa intervención cos agradecementos: “so me queda reiterar o noso agradecemento ás entidades colaboradoras: Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo, e á extraordinaria implicación veciñal, nomeadamente a través do tecido asociativo do Concello de Ribadeo, imprescindible para organizar un evento destas características”.
O programa do IX Ribadeo Indiano pode consultarse nas redes sociais do evento.






















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



