Os traballos, que terán unha duración aproximada dun mes, suporán un corte de tráfico na avenida Luis Cebreiro
Viveiro, 19 de agosto de 2024. A Tenencia de Alcaldía de Viveiro informa do inicio das obras no parque Pernas Peón, que servirán para mellorar a accesibilidade e ampliar as zonas verdes con novas plantacións.
Está previsto que as obras duren aproximadamente un mes. Durante este tempo haberá un corte de tráfico na avenida Luis Cebreiro, no paseo marítimo, na parte frontal do parque.
Estas actuacións forman parte dun proxecto de renovación do parque máis amplo, para o que se conseguiu unha subvención de 105.897,25€.
A tenenta de alcaldesa de Viveiro, Miriam Bermúdez, explica que se van “quitar barreiras arquitectónicas, para mellorar a accesibilidade, e plantaranse máis árbores e arbustos”. “Debido aos prazos de execución era necesario comezar a obra canto antes”, explica.
“Xa se renovaron previamente os camiños do parque, e tamén se vai permeabilizar a fronteira norte do Parque para crear así un acceso máis fácil desde e cara á praia de Covas”, sinala Bermúdez.






















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



