Ameijide afea a política do goberno provincial en materia de emerxencias e extinción de incendios lembrando que “Tomé negou aos deputados populares a entrada aos parques comarcais de bombeiros contradicindo as indicacións da Valedora do Pobo que nunha resolución do 15 de marzo deste ano explica que non é necesario facer unha solicitude, senón unha sinxela comunicación previa, tal e como formulamos formalmente”
Lugo, 8 de agosto de 2024. O voceiro do Partido Popular, Antonio Ameijide, recórdalle ao goberno provincial de PSOE e BNG que “o servizo de prevención e extinción de incendios en concellos de menos de 20.000 habitantes -na provincia de Lugo, todos menos a capital- é competencia da Deputación Provincial, segundo a Lei de Bases de Réxime Local1”.
É por iso polo que o popular pide “máis implicación” ao goberno provincial cos Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES) da provincia que, na actualidade, ascenden a seis con sede nos municipios de Cervo, Friol-Palas, Monterroso, A Pontenova, Quiroga e Folgoso do Courel. “É máis, debería prestar o servizo directamente, non só contribuír co financiamento do seus gastos”, engade.
Ameijide subliña que “a Xunta de Galicia, a pesar de non ser competencia propia -xa que é dos Concellos e Deputación- achega o 52,5% dos gastos de funcionamento dos GES da provincia -ademais de dotalos de material- fronte ao 40% que aporta a Deputación de Lugo”. Así, “é clara a implicación do Goberno galego cos GES ao asumir más da metade do custo anual dos GES a pesar de tratarse dunha competencia local”.
Os Grupos de Emerxencia Supramunicipal “son especialmente necesarios en época de verán” segundo indica Ameijide porque “non só se eleva o risco de incendios, senón que tamén se incrementan outro tipo de riscos de emerxencias, accidentes, aglomeracións… debido ao turismo e ao retorno de moitos veciños de Lugo que volven a pasar o verán aos seus municipios de orixe”.
O portavoz provincial, recoñeceu en nome dos deputados do PP, “o importante labor en materia de emerxencias, protección civil y prevención de incendios forestais por parte dos GES que, ademais, teñen competencia para intervir en incendios, coma o que se rexistrou onte nunha vivenda unifamiliar en Friol”.
Nese sentido, pídenlle tamén ao goberno de PSOE e BNG “implicación para garantir o servizo nos municipios da Montaña que na actualidade carecen de servizo en materia de emerxencias e prevención de incendios”. Nese sentido, incide en que “non só se trata de pagar, senón que hai que impulsalos onde non os hai”.
PARQUES COMARCAIS DE BOMBEIROS
Antonio Ameijide afea a política do goberno provincial en materia de emerxencias e extinción de incendios lembrando tamén que “os deputados do Grupo Provincial Popular queremos comprobar a situación dos parques comarcais de bombeiros; pero o presidente da Deputación, José Tomé, néganos a entrada”.
Así o fixo cando o pasado mes de xuño os deputados populares se achegan ao parque de Monforte, despois dunha comunicación previa dirixida formalmente ao presidente, pero “no momento da visita dixéronnos que non nos podían deixar pasar por orde directa da presidencia da Deputación. Esta decisión contradí o indicado pola Valedora do Pobo nunha resolución do 15 de marzo deste ano na que indicaba que non é necesario que os deputados populares solicitasen permiso, senón unha sinxela comunicación, tal e como fixemos”, subliña.
LEI DE BASES DO RÉXIME LOCAL
A Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local establece no artigo 36.1 c) que é competencia propia da Deputación Provincial a prestación de servizos públicos de carácter supramunicipal e, no seu caso, supracomarcal e o fomento ou, no seu caso, coordinación da prestación unificada de servizos dos municipios do seu respectivo ámbito territorial. En particular, asumirá a prestación dos servizos de tratamento de residuos nos municipios de menos de 5.000 habitantes, e de prevención e extinción de incendios nos de menos de 20.000 habitantes, cando estes non procedan á súa prestación.



















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



