Lugo, 18 de outubro de 2024. A caótica situación da residencia de maiores e centro de día Cervo (San Cibrao) levou ao Sindicato de Técnicos de Enfermería a denunciar á Asociación Idade Dourada Mensaxeiros da Paz, responsable da xestión, ante o Ministerio de Traballo e Economía Social e a Dirección Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo, demandando que se adopten, o máis axiña posible, as medidas oportunas para poñer fin aos graves prexuízos que, actualmente, están a ocasionarse tanto aos usuarios como aos profesionais do centro.
Aínda que Mensaxeiros da Paz é a responsable da xestión da residencia, o propietario do edificio é o Concello mais as consecuencias do deixamento e as diferenzas entre propietario e concesionaria están a padecelas os usuarios e os traballadores.
As deficiencias nas instalacións do edificio, ademais dun importante incremento da exposición a riscos laborais para os traballadores, supoñen un deficiente servizo para os usuarios deixándoos nunha situación comprometida e sen a atención debida. Os continuos problemas das tubaxes da auga que provocan roturas, fugas ou pingueiras poñen en risco aos traballadores por provocar situacións insalubres de humidade extrema en zonas como vestiarios, posibilidade de accidentes por esbaróns ou os riscos asociados á electricidade xa que a auga das tubaxes chega a caer polos focos da luz.
A orixe deste problema é que a instalación de auga non está preparada para soportar as altas temperaturas ás que deben someterse as pezas dos residentes para o proceso de hixienización e desinfección. A auga alcanza 60º e con estas temperaturas os canos rompen xerando continuas pingueiras.
Os problemas coas tubaxes afectan ao aseo dos residentes ante a falta de auga quente e os profesionais remedian a situación de maneira precaria, por exemplo, quentando auga nunha marmita de cociña e subindo cubos de auga a man para encher as palanganas e poder realizar o correspondente aseo con auga quente.
Doutra banda, non é adecuado que os uniformes do persoal lávense conxuntamente coa roupa dos residentes que, polas súas circunstancias de saúde, chegan con restos e fluídos corporais.
Ademais, a falta de persoal é unha constante no centro, incumprindo por completo a cociente paciente/persoal de enfermeiría ata o punto de que faltan tanto Técnicos en Coidados de Enfermería (TCE) como diplomados de enfermeiría prestando servizos na residencia. As súas funcións asúmenas os TCE malia de que algunhas das funcións que deben levar a cabo exceden a súa titulación e que, mesmo lle estarían prohibidas por lei provocando, ademais, con iso unha sobrecarga de traballo nestes profesionais ao ter que asumir as súas propias funcións e as do persoal diplomado.
Non se leva a cabo ningunha contratación de maneira que os traballadores suplen a quen se atopa en situación de Incapacidade Temporal aumentando a sobrecarga laboral dos profesionais e tampouco sen conceden os permisos de libre disposición aos que teñen dereito.
De feito, incluso os familiares dos usuarios queixáronse, tanto pola falta de persoal como pola evidente deterioración das instalacións, que afectan directamente aos residentes que, mesmo, carecen de timbre nas habitacións para poder solicitar a axuda dos profesionais.
Para o Sindicato de Técnicos de Enfermería é evidente que hai que poñer fin de maneira inmediata a todas estas situacións.



























A organización, a cargo da Asociación R.C.M. Amigos de Monte Castelo, abrirá a venda de parcelas os días 21 e 22, en horario de 18:30 a 20:30, primeiro para confirmar as reservas do ano anterior e despois para repartir as libres. O venres terá lugar a misa na igrexa de Vila do Medio ás 20:00 e, xa pola noite, a actuación do grupo Pekados e o DJ Balbi. O sábado comezará coa sesión vermú a cargo de SP The Sound Project, seguida do concurso de disfraces, xogos infantís, tardeo con DJ Pepu, bingo musical con Marisa Prisa e unha verbena con Pantera Rosa e Gin Toni’s. O domingo celebrarase a misa e procesión en honra á Nosa Señora das Marabillas ás 13:00, e a sesión vermú correrá a cargo do dúo Épok. A romaría conta coa colaboración do Concello de Burela, ABSA e Ledicia, ademais de numerosos establecementos locais.
As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
Villares gabou o traballo realizado e subliñou que “a implicación do tecido social e dos veciños e veciñas é clave para transmitir as tradicións que forman parte da nosa identidade e reforzar os vínculos da comunidade”. Na xornada principal deste xoves destacou a ofrenda floral na honra dos mariñeiros falecidos. O venres e o sábado celebraranse o Festival Folklórico Internacional e o Festival Folklórico Infantil respectivamente, organizados polo Grupo Mistura.
O Concello de Ribadeo atende así a petición realizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, que solicitou permisividade neste sentido aos 67 Concellos da provincia de Lugo. Ademais o Concello autorizou a instalación dunha pantalla na praza de Porcillán. A petición foi realizada pola Asociación Cultural Festas do Carme.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.



