Ribadeo, 14 de novembro de 2024. A xornada Conecta Ribadeo abordará mañá, 15 de novembro, nas instalacións do Real Club Náutico, a internacionalización das empresas. O evento está organizado polo Concello, a Xunta e a CEL.
O alcalde, Dani Vega, explicou que “Ribadeo avanza e por iso presentamos Conecta Ribadeo, unha xornada onde se vai falar da internacionalización sobre o futuro de moitas empresas do noso concello, da provincia ou de Galicia. Unha xornada que organizan o Concello de Ribadeo, a Xunta de Galicia e a CEL. Polo tanto, dentro desa colaboración que estamos tendo para tamén falar da internacionalización, de casos de éxito, de empresas que están medrando moitísimo e Ribadeo ten que estar tamén nese espazo. Unha xornada que quere dar unha resposta a moitas preguntas, a moitas dúbidas de moitos empresarios, de moitos autónomos, en definitiva, de moitos emprendedores que están explorando esa vía da internacionalización, dun crecemento importante e polo tanto hai que formarse, hai que informarse e por iso tamén o IGAPE vai falar non sómente de axudas, que tamén, senón de casos de éxito que a través do asesoramento técnico por parte da Xunta de Galicia e nosoutros como Concello tamén nos temos que poñer a disposición para que as empresas se asenten en Ribadeo”.
O rexedor subliñou que “se trata dunha xornada onde todo o sector empresarial ponse en Ribadeo. É unha boa decisión falar, debater e sobre todo escoller a Ribadeo como ese municipio emprendedor. Casos de éxito xa se viron fai uns tempos, aínda estabamos na oposición e tamén trouxemos un Conecta Ribadeo para falar do turismo. E dese Conecta Ribadeo de Turismo, saíron empresas, como por exemplo o novo hotel que se vai situar na aduana. Creo que isto é sempre positivo, sempre suma poñer a Ribadeo como centro emprendedor, onde máis empresas se están instalando, e non nos debemos conformar, debemos seguir loitando, debemos seguir buscando e debémonos poñer a disposición de todo aquel emprendedor que escolle Ribadeo como espazo de traballo”.
Vega indicou que “a xornada vaise iniciar sobre as 10.15 horas da mañá. Vai haber unha mesa redonda que vai falar sobre como iniciar ou relanzar o proceso de internacionalización. Aquí van intervir varios expertos, tamén varias persoas que emprenderon, que exploraron esas vías e conseguiron ese éxito. Despois é clave o financiamento, o proceso da internacionalización e tamén vai haber distintas persoas, tanto da administración como da banca, que tomarán a palabra nesta xornada. E haberá tamén ese networking, que iso é ese feedback entre empresas. Eu creo que tamén é positivo que todo o mundo fale, que todo o mundo debata, todo o mundo traslade propostas para seguir crecendo, para seguir conectando Ribadeo e alegrándonos de que Ribadeo sexa ese Concello emprendedor, ese Concello con moito futuro”.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



