Ribadeo, 29 de novembro de 2024. O 30 de novembro arrinca o Nadal en Ribadeo. Hoxe foi presentada a programación no Parque de San Francisco.
O alcalde, Dani Vega, manifestou que “chega o Nadal e toda unha programación repleta de actividades. Comezamos esta fin de semana, o dia 30, acendendo o alumeado que terá lugar ás 19:00 horas na confluencia das Catro Rúas. Tamén comeza o Mercado de Nadal. E a partir de aí todo un mes cheo de actividades que debemos agradecer aos colectivos, ás asociacións e tamén aos técnicos municipais. O Nadal en Ribadeo está saíndo moi ben por segundo ano porque hai unha organización, hai unha programación, pero tamén hai unha colaboración por parte de todos. E iso é de agradecer a colectivos, asociacións e a todos os técnicos municipais”.
O rexedor dixo: “nestes segundos de explicación é imposible resumir todo o que temos neste mes. Pero si destacar que temos actividades culturais, lúdicas e empezamos disfrutando das actividades, como poden ser a pista de xeo, o Ribaxogo, o chan interactivo ou os obradoiros educativos para todas as idades. A partir de aí tamén hai festivais, como pode ser o jazz. Queremos agradecer todo o traballo, que fai a organización, o Concello e a Xunta colaboran; ou o Vendaval, con ese Galiñeiro do Vendaval; a festa do pre fin de ano; a actividade que tamén está a realizar o Xara, esa música que está tamén para todos os públicos e de verdade que agradecemos todo ese traballo; a Papanoelada, que por vez primeira fai o Concello de Ribadeo. Animamos a todos os moteiros da zona a que participen nesa Papanoelada que vai arrincar de Ribadeo ata Rinlo”.
Vega indicou: “esta é a actividade que temos. Hai que destacar e quero agradecer todo o traballo que fai a Asociación Saúde Mental A Mariña, que vai a traer a súa actividade, ou tamén os dous actos importantes tamén desde un punto de vista nacional e internacional, Tadeo Jones, que é un musical que vai vir a Ribadeo ou o mago Mag Lari”.
Para Dani Vega: “é un Nadal preparado para todos os públicos que quere acoller moitas persoas que veñan a Ribadeo a escoller os regalos e tamén a vivir con nós estes días e a todos os veciños participar das actividades que fai o Concello. Polo tanto, un Nadal cheo de actividades, tamén destacar o traballo da Acisa, con ese sorteo que facemos ao rematar xa o Nadal, e tamén agradecer á Cabalgata de Ribadeo o traballo que fai e que ano a ano a temos aí. Entre todos, repito, fixemos un Nadal cheo de actividades, con moita programación, con moito sentido, con moita responsabilidade e animamos a todos a participar do Nadal, do gran Nadal que ten Ribadeo”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, sinalou que “hai motivos dabondo para vir a Ribadeo a gozar do Nadal, a facer as compras e a saborear a gastronomía destas datas. Estamos convencidos de que Ribadeo será de novo un referente turístico e comercial durante estas especiais datas, que agardamos que sexan un éxito para todo o tecido empresarial ribadense”.
























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.

