Viveiro, 29 de novembro de 2024. O Concello de Viveiro apoia a iniciativa de recollida de firmas e as reivindicacións postas en marcha para reclamar que a Xunta de Galicia asuma os gastos do Conservatorio.
Para colaborar coa petición, instalouse na planta baixa da Casa do Concello unha mesa cos formularios correspondentes, para que a xente que estea a favor da iniciativa a poida asinar.
A alcaldesa María Loureiro sinala que “o Concello leva moito tempo facéndolle esta reivindicación ao Goberno galego por diferentes vías, xa que se trata dun ensino reglado e autonómico, o Concello ten que cumprir e adaptarse a todo o que estipula a Xunta, pero vén asumindo todos os gastos”.
A tenenta de alcaldesa, Miriam Bermúdez, amosou pola súa parte “todo o apoio a estas dúas iniciativas tan necesarias para que a Xunta asuma o que é competencia e responsabilidade súa”, animando á veciñanza a que acuda a asinar a iniciativa.
“O Conservatorio de Viveiro dá un servizo de calidade a centenares de persoas do municipio e da súa contorna, non é de recibo que o Goberno galego ignore deste xeito as súas necesidades”, engadiu Bermúdez.
Os gastos do conservatorio no ano 2023 ascenderon a 1.141.676,22€, dos que 1.097.967,88€ foron gastos de salarios e seguridade social. Os 48.708,94€ restantes foron gastos de electricidade, limpeza ou mantemento.
Por outra banda, os ingresos do conservatorio no ano 2023 ascenderon a 195.086,57. Destes, 103.326,31€ son de matrículas e importes mensuais do alumnado, 76.760,26€ dunha subvención concedida pola Xunta e 15.000€ dunha subvención da Deputación.
No curso 2023-2024 houbo 237 alumnos e alumnas, procedentes, ademais de de Viveiro, de concellos como Alfoz, Burela, Cervo, Foz, Mañón, Mondoñedo, Ortigueira, Ourol, O Valadouro, O Vicedo ou Xove. 27 fixeron o curso preparatorio, 113 o grao elemental e 97 o grao profesional.
Neste curso 2024-2025 hai preto de 250 alumnos, aos que hai que engadir 120 alumnos da Asociación de Adultos do Conservatorio. Ademais, no Conservatorio ensaian a Banda Municipal O Landro e grupos compostos por persoal e alumnado. Hai 16 profesores a xornada completa e 8 profesores con xornada parcial.
























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



