Fabiola García puxo en valor o traballo realizado por esta entidade na posta en marcha e mantemento da primeira vivenda tutelada de Galicia para mulleres con enfermidade mental vítimas de violencia de xénero
Cervo, 9 de novembro de 2024. A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou esta mañá a unidade residencial posta en marcha pola Asociación Saúde Mental A Mariña, que foi inaugurada o pasado mes de outubro e que é a segunda posta en marcha por esta entidade social. No percorrido polas instalacións, a conselleira puxo en valor o traballo realizado pola asociación, que leva 25 anos prestando asistencia continuada ás persoas con trastornos mentais, co obxectivo de acadar a súa recuperación e integración social e laboral.
Fabiola García, que estivo acompañada da alcaldesa de Cervo, Dolores García, puido coñecer este centro de vangarda, que conta con 20 prazas concertadas coa Xunta e que se atopa situado no centro do municipio, dispoñendo de todos os servizos orientados a fomentar a autonomía dos usuarios. A conselleira puxo en valor o “traballo incansable” da Asociación Saúde Mental de A Mariña, centrada nas persoas con enfermidade mental, nos seus coidados e na súa integración e poñendo especial atención nas mulleres vítimas de violencia de xénero.
Neste sentido, a conselleira destacou a Consellería de Política Social e Igualdade leva anos “colaborando estreitamente” coa asociación, un traballo conxunto que se traduciu nun investimento superior aos 1,1 millóns de euros nos últimos seis anos. Unha das colaboracións máis destacadas foi a posta en marcha da primeira vivenda tutelada de Galicia para mulleres con enfermidade mental vítimas de violencia de xénero. Un proxecto pioneiro no que a Xunta leva investidos 980.000 euros, dos que un total de 200.000 euros foron consignados ese ano para o mantemento da vivenda (a través dun convenio anual de 150.000 euros) e para a adquisición dun vehículo.
A esta cifra súmanse os 134.000 euros destinados desde 2018 no eido da discapacidade, que o pasado ano permitiu que a asociación se dotase doutro vehículo para a unidade residencial, e os 140.000 euros investidos en diferentes programas orientados ao fomento da igualdade.




















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



