Burela, 28 de novembro, 2024. A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela organizou na mañá do xoves 28 de novembro unha nova edición da súa xornada anual sobre “Obrigación de desembarque e valorización de especies de alto potencial comercializador”, á que asistiron representantes de 26 barcos das empresas asociadas á OPP e que identifican as súas distintas modalidades de pesca.
Na apertura da xornada, que tivo lugar no salón de actos de Armadores de Burela, participaron o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, Antonio Basanta, e Sergio López, xerente de OPP Burela. O acto dividiuse en tres bloques temáticos atendendo ao propio título da xornada.
A primeira parte serviu para analizar as novidades na implemetación da OD para o próximo ano, desde unha dobre perspectiva da administración pública: desde a xestión pesqueira (Subdirección Xeral de Caladoiro Nacional e Augas Europeas do MAPA) e desde o control (Subdirección Xeral de Vixilancia e Loita contra a Pesca Ilegal do MAPA).
Guillermo Bravo, xefe de área da SG de Caladoiro Nacional e Augas Comunitarias, revisou as principais cuestións da OD para dar resposta aos descartes. Explicou o proceso na adopción das propostas comunitarias, as exencións anuais e o mecanismo de implementar na práctica a normativa nas augas occidentais (Rglto 2023/2623) que está en vigor para o período 2024-2027.
Pola súa banda, Cristina Laborda, xefa de área de Control da SG de Vixilancia e Loita contra a Pesca Ilegal, centrouse nas principais novidades da actualización na normativa de Control co Rglto UE aprobado o ano pasado (Rglto 2023/2842) e que ten un calendario de implementación progresiva ata xaneiro de 2030. Detívose nas principais novidades para a actividade pesqueira, rexistros, control de medidas técnicas, marxe de tolerancia, etc.
Na segunda parte da xornada presentáronse de forma práctica os resultados do proxecto REDIPESCA 2, proxecto dirixido polo IEO e realizado na frota de arrastre de fondo de litoral, no que, ademais de analizar a selectividade da arte de pesca, comprobáronse os resultados cunhas novas portas voadoras para evitar o seu contacto nos fondos mariños, analizouse o rendemento das capturas e as melloras no consumo de combustible. Os seus obxectivos eran os de diminuír o impacto ecolóxico, diminuír o consumo enerxético (ao eliminar a fricción cos fondos), mellorar a seguridade nas largadas e viradas e mellorar a calidade nas capturas.
José Carlos Fernández, técnico superior do Instituto Español Oceanografía, explicou este proxecto cunha dobre observación, tanto electrónica como de automuestreo a bordo e co uso e comprobación dos datos de dous tipos de portas: semipeláxicas e as habituais de fondo. A principal conclusión do proxecto foi demostrar unha mellora coa redución do 64% na resistencia ofrecida polas portas sobre os fondos, un non impacto nas capturas. Este proxecto achega datos científico-técnicos que servirán para a futura instalación de novas portas, analizando o seu impacto no consumo de combustible e nas capturas.
A terceira parte da xornada consistiu na presentación de dous proxectos da OPP Burela a cargo de Julio Sánchez, responsable da consultora Imbatia. Por unha banda, expuxéronse as conclusións do plan de aliñación cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) realizado durante o ano pasado, e por outro presentouse un futuro proxecto a desenvolver en 2025 sobre a posible descarbonización nas frotas da OPP.
Como en anos anteriores, a xornada finalizou cunha degustación gastronómica de especies de alto potencial comercializador. Nesta edición seleccionáronse sete especies en representación das diferentes frotas: caella, peixe espada, cabra de altura, bertorella, sabre negro, pota e xurelo.
As receitas que se puideron degustar nesta edición foron: empanada de millo con xurelo, fritos de pota con panko, goulash de tintorera, hamburguesas de peixe espada, croquetas de cabra de altura, salpicón de bertorella e mariscos, e por último, sabre negro marinado en redución de Albariño.
Estas Xornadas enmárcanse no obxectivo da prevención e redución das capturas non desexadas, e para manter informados os socios da OPP sobre as prácticas de pesca que eviten e reduzan as capturas non desexadas e promover a súa valorización á vez que promoven o coñecemento sobre a Obrigación de Desembarque. Están incluídas no plan de produción de OPP Burela e contan con axudas económicas da Unión Europea a través do FEMPA e da Xunta de Galicia a través da Consellería do Mar.





















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



