Estivo enmarcado dentro dos actos do 25N. Tamén foi unha xornada na que crearon e tiraron de imaxinación co violeta como protagonista, cor símbolo da loita contra a violencia de xénero.

O Excmo. Concello de Mondoñedo lamenta o seu pasamento. Era fillo predilecto da cidade, artista recoñecido en toda Galicia pola súa extensa e icónica obra como deseñador, ilustrador, retratista, ceramista, grafista e muralista. Nado en Mondoñedo, vivía desde hai anos en Brión. A el se lle dedicou hai unhas semanas o Día da Ilustración.
Unha comedia para público adulto. A cita é ás 20:30h. Entradas: De luns a xoves, no 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo rbg.cultura@viveiro.es, e tamén na taquilla do teatro 1 hora antes da función.
Reuniu a máis de 350 persoas para degustar un saboroso cocido con porco celta. O menú incluíu sopa, grelos, chourizo, garavanzos, costela, lacón, botelo, viño e empanada de mazá, todo servido nunha carpa climatizada e cun gran ambiente festivo e música. O alcalde, Dani Vega, tivo palabras de agradecemento para a organización: "grazas á asociación polo gran traballo e a excelente organización da festa, así como polo esforzo e dedicación de todos os días". A xornada contou co apoio do Concello de Ribadeo, da Xunta de Galicia e da Raza Autóctona Porco Celta.
O Museo de Lugo expón desde este venres unha escolma de esculturas de José María Prieto (Viveiro, 1960), Andrés Clariana (Barcelona, 1973), Miguel Detrell (México DF, 1953) e Rubén González (Avila, 1975). Trátase dunha trintena de pezas da colección do Museo Tiflolóxico da ONCE que visibilizan a calidade artística dos seus creadores e permiten achegarse á arte desde unha perspectiva inclusiva. A deputada de Cultura, Iria Castro, inaugou esta maña a mostra nun acto no que participaron pesoas usuarias da ONCE e alumnado do CEIP Rosalía de Castro de Lugo.
A edil felicitou aos gañadores: “parabéns aos gañadores, e moitas grazas ás familias e aos centros educativos pola importante labor que realizan a favor da poesía e do fomento da lectura” e animounos a seguir escribindo “oxalá nuns anos presentemos algún dos vosos libros nesta biblio” e lendo “porque canto máis lemos máis ideas se nos ocorren”. Cada un dos premiados recibiu un diploma e un lote de libros. Os traballos seleccionados pasan a concursar na fase provincial.
Neste encontro, que tivo lugar na Delegación Territorial da Xunta en Lugo, a conselleira e o rexedor abordaron posibles vías de colaboración. A conselleira puxo de relevo a aposta da Xunta para cooperar cos pequenos concellos a través de actuacións que contribúan a fixar poboación e a mellorar a calidade de vida da veciñanza.
Os asistentes poderán gozar dunha cea composta por seis pases elaborados con produtos de tempada que a cociñeira Mar Orosa pensou especificamente para esta cita. Igualmente, durante o transcurso do menú, os produtores convidados comentarán os seus produtos, así como as elaboracións nas que estes se utilizan.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital