Viveiro, 6 de novembro de 2024. A tenenta de alcaldesa e responsable da área de Medioambiente do Concello de Viveiro, Míriam Bermúdez, manifesta o rexeitamento frontal ante a subida acumulada do canon de SOGAMA, “que en menos de dous anos superará o 60% e que suporá unha carga insostible para o municipio”.
O incremento do canon, que afecta directamente aos concellos, pasou de 68 euros por tonelada na primeira metade de 2024 a 88 euros en xullo do mesmo ano, e prevese que para 2025 alcance os 108 euros.
“Este aumento representa un duro golpe financeiro para Viveiro, onde a diferenza na factura anual de residuos entre 2024 e 2025 ascendería a aproximadamente 167.334 euros, incrementando os custos municipais en máis dun 30%”, explica Míriam Bermúdez.
Impacto económico directo
A diferenza na factura de residuos de Viveiro entre 2024 e 2025 sería de aproximadamente 167.334 euros, un 30,36% máis nos custos de xestión de residuos municipais. Esta suba súmase aos aumentos previos, colocando ás finanzas locais baixo unha presión crecente e continua.
Os Incumprimentos de SOGAMA coa normativa de residuos e sustentabilidade Galicia segue afastada dos obxectivos europeos e estatais de xestión sostible de residuos.
En 2022, mentres a normativa marcaba a compostaxe de 245.000 toneladas de biorresiduos, apenas se trataron 3.000. “A Xunta, en lugar de investir en plantas de compostaxe, decidiu ampliar as instalacións de SOGAMA e apostar pola incineración, unha práctica non sustentable e penalizada pola Directiva Europea de Residuos e a nova Lei estatal de residuos”, explica a tenenta de alcaldesa.
Estas subas e o modelo de xestión centralizado de SOGAMA “supoñen un impacto insostible para Viveiro e para o conxunto dos concellos galegos, mentres que os incumprimentos en materia de reciclaxe e compostaxe afastan Galicia dos estándares ambientais europeos”.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



