A Pontenova, 13 de decembro de 2024. A Asociación Cultural e Deportiva As Minas da Pontenova ultima os preparativos para unha nova edición do Festival das Minas que celebran este sábado – 14 de decembro – coa colaboración da área de Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, e que este ano presenta un formato renovado, con actividades dirixidas a público infantil e familiar durante o día e con novas dinámicas para a inclusión das persoas xordas con intérpretes de lingua de signos e mochilas vibratorias ao dispor do público.
A deputada Iria Castro, que se achegou esta tarde á Pontenova, valorou “a aposta do colectivo organizador por avanzar na inclusividade das propostas musicais e lúdicas do programa” e subliñou que “para a Vicepresidencia da Deputación de Lugo é unha prioridade dar apoio ás iniciativas que parten do tecido asociativo, porque entendemos que a fortaleza do asociacionismo é fundamental para o dinamismo cultural e social”
A xornada comeza ás 12.00 cunha andaina guiada e gratuíta pola Ruta das Minas, que concentra Pola tarde, o programa diríxise ao público infantil coa presenza de Os Bolehas e uncontacontos inclusivo con DI e Amorodos. Ás 19.00 horas, toma protagonismo a música cun pasarrúas do Grupo Tambukda que tamén animará a degustación gratuíta de callos na carpa da asociación -ás 20.00 horas-. As propostas estrela da xornada son o show “Aquí tou” de Xosé Antonio Touriñán -ás 22.30 horas- e a actuación do grupo Gin Toni´s (00.00 horas).




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



