Foz, 20 de decembro de 2024. Foz ten unha nova centenaria, María Esther López-Leitón Otero, que foi directora da primeira gardería focega durante 38 anos. O alcalde, Fran Cajoto, e a concelleira de Servizos Sociais, Ana Rojo, visitárona na súa casa.
Ana Rojo explica que “dende este pasado domingo o concello de Foz ten unha nova centenaria: a señora María Esther López-Leitón Otero, coñecida como Dona Maruja, a filla do boticario. Dona Maruja foi unha muller adiantada o seu tempo, intelixente, con carácter, independente, con moita resiliencia, comprometida e de moita transcendencia en Foz. Quedou viúva con 34 anos, con dous nenos pequenos, de 4 e 7 anos. Muller pioneira en conseguir vencer as barreiras nuns tempos e nun contexto social dominado por homes e marcado por un profundo patriarcado. Aválana 38 anos como directora da primeira gardería que houbo en Foz, onde centos de nenos e nenas estiveron o seu cargo, baixo a súa responsabilidade; por todo isto cabe destacar a achega e a relevancia que como muller marcou no pobo de Foz. Hai que lembrar que eran tempos difíciles, nos que ás mulleres se lles prohibía a apertura de contas bancarias sen a autorización do seu marido, padre ou titor; tampouco podían mercar un inmoble ou comparecer nun simple xuízo, etcétera. Por iso se fai necesaria a visualización destas mulleres, ás que o papel que se lles outorgaba era o coidado do fogar, dos fillos, enfermos ou as labores do campo, uns roles de sometemento e obediencia. As propias leis discriminábanas polo seu xénero”.
A concelleira de Servizos Sociais engade: “hoxe dona Maruja ten un século de vida. Declárase moi coqueta, sempre lle gusta estar ben preparada, co seu colar de perlas e o carmín vermello nos seus beizos. Arroupada xunto os seus fillos, Isabel e Manolo, recibiunos cun sorriso e unha luz especial nos seus ollos de cor azul, que tanto ollaron. Foi una honra para nós, como alcalde e concelleira, poder facerlle esta pequena homenaxe. Quedamos impresionados e sorprendidos pola súa lucidez e desenvoltura, cunha excelente memoria relatounos episodios da súa vida con todo luxo de detalles. E non faltou a doce torta de cumpreanos e o brinde con cava. Desexámoslle moitos parabéns, moita saúde e que siga tan lúcida e chea de enerxía coma agora. Queremos agradecerlle, unha vez máis, a hora que nos dedicou na súa casa, rodeada dos que máis quere, a súa familia. Moitas felicidades, dona Maruja!”.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



