Foi na reunión da xunta directiva provincial presidida por Elena Candia e na que participaron os titulares destas materias no Goberno galego
Lugo, 19 de decembro de 2024. Elena Candia presidiu a reunión da xunta directiva provincial na que participaron tamén os responsables de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e Emprego, Comercio e Emigración no Goberno galego, María Martínez Allegue e José González. O PP da provincia continúa coa así súa actividade e a propia presidenta avanzou que “en xaneiro se reforzará o traballo en áreas de educación e sanidade para que o partido estea vivo e con representación activa nas áreas máis sensibles”.
Candia subliñou tamén, durante a súa intervención, a aprobación esta semana no Parlamento de Galicia dos orzamentos da Xunta para o ano 2025 que “sitúan a Galicia como unha illa de estabilidade fronte á situación da política nacional” e lembrou que “as contas galegas reservan para a provincia de Lugo o maior investimento por habitante (5.840 euros)”.
Candia defendeu o “traballo en positivo” que está a facer o Goberno galego para contribuír ao desenvolvemento da provincia, xerar oportunidades e atender ás demandas actuais dos lucenses cunha xestión “responsable”.
En materia de vivenda e planificación de infraestruturas, Martínez Allegue puxo en valor tanto o traballo do seu departamento “despregado ata o de agora na provincia como os compromisos a futuro” que se traducen nun incremento do orzamento dirixido á provincia de Lugo que superará en 2025 os 70M€ para “seguir mellorando tanto as infraestruturas como o acceso á vivenda”.
En concreto, destacou os avances na autovía Nadela-Sarria, o compromiso coa senda de Ombreiro na LU-234 ou as melloras das comunicacións coa Mariña con partidas plurianuais por importe de 20M€ ou na reconstrución da LU-651 en Folgoso do Courel, cunha dotación de 3 M€ en 2025 e partidas plurianuais de 11 M€, así como os investimentos destinados á conservación das estradas autonómicas. Ao respecto, convidou ao Goberno de Sánchez a “tomar boa nota, deixarse de parches e facer unha planificación anual que garanta a seguridade e as conexións coa meseta”.
No capitulo da vivenda, Martínez Allegue lembrou que “en toda Galicia triplicaremos o investimento para solo residencial e construción de vivenda pública”, e destacou que “na cidade de Lugo esta medida se traducirá en 12M€ en construción de vivenda de promoción pública e máis de medio millón de euros destinados á adquisición para futuro solo residencial. Neste sentido, subliñou tanto os proxectos de rehabilitación da Tinería, onde a Xunta leva investidos máis de 26M€, ou as 1.750 vivendas que se van poder construír co solo residencial que se vai desenvolver na área urbana de Lugo”.
INCREMENTAR OPORTUNIDADES LABORAIS E ATRAER TALENTO
José González puxo en valor, durante a súa intervención, as medidas que está a impulsar o Goberno galego para incrementar as oportunidades laborais dos galegos e galegas e dar resposta a retos actuais do mercado de traballo, como a cobertura de vacantes. Nese marco, detallou que a Xunta está traballando na modernización do Servizo Público de Emprego de Galicia, a través de ferramentas de intelixencia artificial como EMi, que permite casar mellor oferta e demanda e que, ademais, en 2025 contará cunha aplicación móbil que facilitará a colectivos estratéxicos como a mocidade facer autoperfilados. Así mesmo, incidiu nas medidas orientadas a garantir que nas listas de demandantes de emprego estean só aqueles que realmente buscan traballo, incrementando así a eficacia das políticas activas de emprego.
Tamén sinalou a aposta da Xunta por ir da man das empresas, flexibilizando a formación para o emprego e impulsando microformacións á carta dos sectores estratéxicos, e dos propios concellos, co reforzo de programas de éxito como os obradoiros duais ou os programas integrados de emprego. En paralelo ás accións para o mercado interno, fixo referencia á necesidade de seguir atraendo talento exterior, con foco prioritario nos retornados galegos e sempre da man das empresas, con programas en marcha como o Retorna Cualifica Emprego.
Igualmente, sinalou que se seguirá consolidando en 2025 a rede de de polos de emprendemento que suman un total 5 activos na actualidade na provincia de Lugo (A Fonsagrada, Friol, Mondoñedo, Monforte e Sarria).


















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.



