Vergoñenta e lamentable, unha vez máis, a actitude do BNG no pleno do pasado martes. Solicitan a celebración dun pleno extraordinario cando acabamos de ter o pleno ordinario a semana pasada e non fixeron absolutamente ningunha pregunta sobre a poda e o mantemento das árbores.
¿Realmente o interese do BNG é polas árbores… ou o interese real é unicamente político e aproveitan de subirse a un carro que nin eles mesmos saben a onde os conduce? Este goberno fixo o que tiña que facer como xa o explicou en reiteradas ocasións. No colexio Gregorio Sanz, baixo informes técnicos, podouse o que había que podar e talouse o que estaba enfermo ou aínda non estando, representaba algún tipo de perigo ou danaba algunha estrutura. Canta preocupación mostra o BNG de repente por este centro… non mostraba tanta cando facía falta inversión de 1,6m€ para a súa reforma integral, dedicándose exclusivamente a cobrar a licenza. ¿Onde estaba cando houbo que cambiar o montacargas por un ascensor? Estaban poñendo paus nas rodas para evitar que unha administración investira no centro. As necesidades do alumnado non importaba. Daba máis rédito político o vitimismo.
Agora veñen “preocupándose” das árbores… demostran máis preocupación que cando eles talaron todas as que ían en liña co peche perimetral no momento de facer o campo de herba artificial!! Por certo, TALARON TODO SEN NINGÚN INFORME TÉCNICO!! Poden crelo? E tampouco se replantaron!! Eles os “defensores” da natureza e das árbores!! Non se nos ocorre pensar que os cortaron simplemente porque ó político de turno lle estorbaban…
E xa que estamos… ¿onde están os informes da tala indiscriminada no camiño do cemiterio? Tampouco fomos capaces de atopar ningún e dende logo á vista está que non foron sustituídos…
E cos da estrada do faro? Fixeron un carril bici que de verde ten a pintura e arrasaron con cada árbore que atoparon ao seu paso!! ¿informes técnicos? Pois tampouco!!
E recordan as antigas magnolias de San Roque? Aquelas tan bonitas e que tanto adornaban esa rúa? Os que xa temos certa idade, sí as recordamos… o mesmo que recordamos velas podrecer no aparcamento dos camións. Alí podreceron sen ningún tipo de pudor e que casualidade, sen ningún informe técnico que xustificara a súa morte…. Mágoa que non houbera unha Plataforma en Defensa das Árbores que velara pola integridade destes seres vivos…!!
Presumen de ter plantado non sabemos cantas árbores… non as contamos, pero o que sí lles podemos asegurar, é que foron plantadas sen criterio e sen ningún tipo de análise e por suposto sen ningún tipo de mantemento serio. Cortaban e plantaban segundo lles petaba e podaban cando lles estorbaban as canas.
Esa irresponsabilidade levounos, co paso do tempo a ter unha morea de árbores enfermas con necesidade de tratamentos e outros con menos sorte destinados á tala como lles vai pasar a unha palmeira do parque e a un castaño de indias, que despois de ser tratados, non se puideron recuperar, esa irresponsabilidade de facer por facer sen criterio ningún, levounos a ter unha morea de aceras levantadas por mor da raíz dunha árbore inadecuada para ese lugar e a ter moitas zonas escuras porque unha árbore tapa a luz da farola.
Nós vamos seguir actuando con criterio, responsabilidade e baixo informes técnicos, e vostedes que presumen tanto de ser de Ribadeo e de quererlle tanto, deberían deixar a demagoxia barata, chea de insultos, convertendo as sesións plenarias en auténticas feiras, que o único que fan é retractar, entre outras cousas, falta de argumento crible.
Sexan serios e póñanse a traballar dunha vez por todas. E non se preocupen que nós tamén somos de Ribadeo e querémoslle tanto ou máis ca vostedes. Xa pensan que teñen a patente do carné de galegos, non vaian caer na arrogancia de pensar que son máis ribadenses ca ninguén.
Ribadeo é unha vila que pide avanzar e ese é o carro ó que se deberían subir. ¡Alá vostedes e a súa demagoxia!!



















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



