Afirmarmos no galego como lingua propia, vital é útil, como este domingo 23-F fixeron ducias de milleiros claro que é facermos política. Outra cousa é que non sexa-nin haxa ser- política partidista. Porque ocupar o espazo público e investir o tempo de lecer nun exercício cidadán para nos afirmar no uso público da lingua de noso é un acto substancialmente polítco.
Como tamén foron políticos (e estes si partidistas) a malfadada e extremista demostración da Galicia Bilingüe do 1-F do 2009, na que Alfonso Rueda partillou presidencia con persoas tan amigas deste país como Rosa Díez (líder da disolta organización centralista UPD), a aprobación do Decreto da Xunta de plurilingüismo de 2010, a exclusión do deber de coñecer o galego, catalán e euskera como linguas cooficiais no Estado na Constitución vixente (1978) ou os centos de normas que obrigan usar o castelán e dificultan vivirmos en galego na vida cotián.
Demostrou este grande evento na capital de Galicia que un sector moi activo e operante do País afírmase no galego como lingua vital, mentres as enquisas reflicten (canda a nidia vaga descendente no uso da nosa lingua, que constitúe unha evidente emerxencia lingüística) a favorábel actitude da maioría social galega a respecto do galego, sendo moi minoritaria a presenza de opinións contrarias á presenza maciza do galego na vida social, económica, cultural, deportiva, política e en todos os níveis da educación.
Semella, pois, que un sector importante da cidadanía galega non acredita no proceso de dinamización lingüística que a Xunta di querer desenvolver, a medio das equipas que coordina o académico Manuel González e na que partillan expertos de moita ciencia, experiencia e mérito. Mais a reacción do conselleiro responsábel da Lingua fronte esta demostración cívica semella querer voar as pontes ao alcumar de extremistas aos que concorreron este domingo en Compostela.
Até de agora cómpre recoñecer que o PP tivo na sociedade civil e na oposición política unha actitude ben dialogante. No canto da defensa de posturas de máximos os distintos axentes sociais e políticos (BNG, PSdeG, sindicatos, RAG, Queremos Galego, ANPAS, sindicatos do ensino…) chaman a atención sobre propostas de mínimos como a necesidade da actualización daquel Plan para a Normalización Lingüística aprobou pola unanimidade (PPdeG, BNG, PSdeG) do Parlamento de Galicia no 2004, a Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias e máis a revisión substancial do Decreto de Plurilingüismo da Xunta do 2010. Mais semella que para o PPdeG non é posíbel o pacto pola lingua mesmo nin arredor deses mínimos
Velaí que moitos dos que levamos meses defendendo a necesidade deste pacto pola lingua imos chegando á conclusión de que non vai ser posíbel. E de que o BNG, o PSdeG, os sindicatos, as ANPAS e os axentes da sociedade civil non poden nin deben agardar indefinidamente pola Xunta para pactar estes mínimos esenciais e levalos adiante naqueles espazos das actividades empresariais, culturais, administrativas, deportivas, culturais e paraescolares nos que se poida influír, con nomeada atención sobre eses espazos urbanos nos que, ademais, a oposición ao PPdeG goberna nos concellos e mantén unha presenza importante na súa vida social.
Seica chegou a hora de dicir que por aí non se vai ben nin se vai quitar proveito ningún. E construír, tamén canro á dinamización e normalización do galego, unha alternativa que poida chegar, nomeadamente á Galicia á que máis urxente lle cómpre, que é a Galicia urbana.





















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



