A presidenta provincial, Elena Candia, e os senadores compareceron en rolda de prensa xunto ao portavoz do Grupo Provincial, alcaldes e portavoces da comarca da Ulloa
Lugo, 6 de febreiro de 2025. A presidenta do PP da provincia, Elena Candia, e os senadores, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano; compareceron xunto ao portavoz do Grupo Provincial, Antonio Ameijide; os alcaldes de Palas de Rei, Pablo Taboada; Monterroso, Eloy Pérez; e o portavoz do PP en Antas de Ulla, Javier Varela; para analizar as respostas oficiais aos representantes no Senado por parte do Goberno de España en relación ao seu posicionamento sobre a implantación en Palas de Rei do proxecto de biofábrica de Altri.
“O Goberno de Sánchez contradí ao secretario xeral dos socialistas galegos e a unha das súas propias vicepresidentas”, segundo manifestaron os populares. “Mentres José Ramón Gómez Besteiro e Yolanda Díaz teñen manifestado a súa oposición á implantación da biofábrica de Altri en Palas de Rei, o Executivo de Sánchez amosouse a favor de proxectos industriais que cumpran a lexislación vixente e a normativa ambiental”.
No caso do secretario xeral do PSdeG, “tense corrixido a si mesmo”: un día dicía que non podía acceder a fondos públicos porque non cumpría parámetros e outro aseguraba que non se pode evitar que opte a fondos europeos se cumpre os requisitos.
Candia rexeitou “posicionamentos puramente ideolóxicos”, convidou a “confiar no traballo rigoroso dos técnicos que son os que deben informar e determinar se cumpre ou non coa lexislación vixente”. Ademais, trasladou a aposta do Partido Popular pola “creación de emprego e a industrialización da nosa provincia”.
O senador José Manuel Barreiro incidiu, pola súa parte, na “desautorización do Goberno á Vicepresidenta Segunda e Ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz” e tamén ao secretario xeral do PSdeG. “Quedaron en evidencia” porque, en resposta oficial, “o Executivo di que favorecerá a atracción de novos proxectos industriais que sexan compatibles co cumprimento da normativa medioambiental”, engadiu.
Barreiro cre que “se cumpre coa lexislación vixente, hai que apoiar calquera proxecto de desenvolvemento industrial en Galicia”. Tomar outra decisión en base a calquera outro criterio, “sería prevaricar”.
O senador avanzou que o próximo martes no Pleno da Cámara Alta lle plantexará unha pregunta ao Ministro de Industria “para que diga cal é a posición do Goberno sobre Altri” para “evitar calquera tipo de interpretacións”.
Barreiro coincide co presidente Rueda e asegura que “se o BNG gobernase, o de Altri sería un dos proxectos estrela”. E rexeitou as críticas dos nacionalistas aos informes técnicos. “Incluso a propia Comisión Europea respondeu ao BNG que non apreciaba ningunha infracción ás directivas sobre emisións e impacto ambiental”.
Tamén condenou as dúbidas que fomentaron no seu momento os socialistas galegos ante un dos proxectos industriais máis importantes nos últimos anos para o desenvolvemento industrial de Galicia e da provincia de Lugo. “O lóxico é agardar aos informes técnicos antes de facer valoracións”, subliñou.
PROXECTOS DE FUTURO PARA O INTERIOR DE GALICIA
O rexedor do municipio de Palas de Rei, Pablo Taboada, incide en que “hai que agardar aos ditames dos técnicos para determinar se é viable e se cumpre coa lexislación e a normativa vixente”.
O alcalde defende que este proxecto “se debe tratar con seriedade e non con ningún outro tipo de interese que nada teñen que ver co proxecto”. Nese sentido, puntualizou tamén que “foi apoiado de forma unánime polo pleno da corporación municipal no seu momento”.
Así, engadiu que a implantación dunha biofábrica téxtil “axudaría ao desenvolvemento da comarca e do rural. Non esquezamos que é o maior investimento na provincia nos tempos que eu recordo. Debemos falar de creación de postos de traballo, de oportunidades para o futuro do interior de Galicia”, concluíu.





















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



