Ribadeo, 1 de febreiro de 2025. Ribadeo investirá 690.000 euros neste 2025 no arranxo de estradas a través do Plan Avanza Rural, segundo anunciou no día de hoxe o alcalde, Dani Vega.
O rexedor sinalou que “Ribadeo planifica unha inversión de 690.000 euros para seguir mellorando as nosas estradas. Seguimos xestionando orzamento, é fundamental para seguir avanzando, para seguir apostando por ese Plan Avanza Rural ambicioso, que ten o obxectivo, evidentemente, de mellorar as infraestruturas e vamos actuar en Arante, en Vilamariz, en Vilela, As Anzas, tamén en Santalla, Couxela, Remourelle. Actuaremos en Piñeira, Vilaframil, Vilaselán e tamén vamos iniciar inversións en Ove, en A Devesa, en A Rochela e tamén na recuperación das rúas de Rinlo”.
Vega dixo: “unha estratexia que comezou no 2024, actuamos en moitas infraestruturas que estaban mal, poñemos como exemplo en Ove, Remourelle, na estrada da Costa, na de Santalla, en Lourido. Aí tamén foron uns 680.000 euros e agora vamos incrementar a 690.000 euros. Dentro da colaboración que estamos tendo con todas as administracións, o Plan Único da Deputación e tamén coa Xunta de Galicia cos diversos plans que nos presenta a través do Agader. Eses 690.000 euros son un avance moi importante nas estradas, nas vías de comunicación, somos conscientes de que hai que facer moitísimo mais, moitísimo mais traballo, pero pouquiño a pouco iremos actuando”.
E subliñou: “evidentemente, temos que ser conscientes, saber que hai estradas que están en moi mal estado e iso lévanos a ser moi exixentes co orzamento, xestionar moito na Xunta de Galicia, instar á Deputación a que siga investindo, porque todos os recursos son necesarios. Polo tanto, este novo Plan Avanza Rural para 2025 vai contar con eses 690.000 euros para que siga Ribadeo avanzando”.























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



