O senador defenderá unha iniciativa na Cámara Alta para esixir ao Goberno de España cumprir coa súa competencia en materia de telecomunicacións; xa que “é competencia súa ao 100% como lles trasladou a Valedora do Pobo ás asociacións destas parroquias”
Lugo, 23 de abril de 2025. José Manuel Balseiro advirte que “o Goberno de Sánchez non ten previsto garantir a conectividade nas parroquias de Cervo” á vista da resposta ás preguntas formulada no Senado polos representantes do PP lucense -José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano- en relación ás medidas que tiña previstas o Executivo para resolver as deficiencias denunciadas polos veciños das parroquias da Senra, Trasbar e Castelo.
O senador cervense trasladaba esta pregunta na Cámara Alta a petición da alcaldesa de Cervo, Dolores García, para interesarse pola situación da conectividade no municipio, as áreas de cobertura e os prazos nos que se estendería o servizo de comunicacións móbiles e de Internet para permitan aos veciños e veciñas desenvolver os seus traballos e outras xestións evitando, ademais, desprazamentos innecesarios.
Balseiro incide en que “a competencia en materia de telecomunicacións é 100% do Goberno de España”, como así llelo trasladou a Valedora do Pobo ás asociacións da Senra, Trasbar e Castelo. Tendo en conta que coa súa resposta “o Goberno de Sánchez non concretou medidas para resolver as deficiencias dos nosos veciños e veciñas en materia de comunicacións móbiles e de Internet”, o senador popular defenderá unha iniciativa na Cámara Alta para esixirlle “garantir de inmediato a cobertura móbil e o acceso a fibra óptica” no Concello de Cervo.
O popular indica que “a pesar das reiteradas promesas do Goberno de España de estender as comunicacións móbiles e de internet, o certo é que grandes áreas do rural seguen sen estes servizos e sen prazos concretos e realistas para o seu acceso”.
E engade que “a situación é especialmente paradoxal tendo en conta que ministerios como o de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico e o de Transformación Dixital e Función Pública xestiona inxentes cantidades de fondos europeos destinados á conectividade e, en particular, á extensión das redes no rural lucense”.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



