A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro destaca no Parlamento de Galicia o incondicional apoio da Consellería ao sector do mar de Galicia
Santiago de Compostela, 1 de abril de 2025. A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, puxo en valor este martes, no marco da actividade parlamentaria, a colaboración da Consellería do Mar co sector marisqueiro, a través das sementes que se lles facilitan ás Confrarías de Pescadores, das axudas para a rexeneración dos bancos ou do apoio constante no seu funcionamento ordinario. Así, no 2024, nas instalacións do Cima de Ribadeo producíronse 11.000 unidades de ourizo, 22.800 unidades de ameixa fina, 180.000 unidades de babosa e case 700.000 unidades de xaponesa, que foron distribuídas á Asociación de Recolectores Submariños da Mariña (ARESMAR), e ás Confrarías de Camariñas, Ribadeo, Corcubión, Lira, Cariño, Cangas ou á do Barqueiro. Un traballo que, segundo detallou Villaverde, se complementa cunha plataforma de preengorde situado en O Vicedo ata onde se trasladan as sementes que resultan das accións de investigación -cunha talla media de 5 milímetros-, e que son acondicionadas baixo o coidado do persoal do centro ribadense ata acadar un tamaño óptimo -10 mm-; momento no que son cedidas gratuitamente aos pósitos.
A esta actuación, engádense outras accións de investigación onde se mantén a semente ata os 10 mm, caso no que a entrega é directa ás confrarías destinatarias para o seu acondicionamento no medio natural. Asemade, nas Instalacións do Instituto Galego de Formación en Acuicultura, o IGAFA, situado na Illa de Arousa e pertencente tamén á Consellería do Mar, tamén se realizan accións semellantes. Así, entre os anos 2019 e 2024, obtivéronse máis de 3 millóns de unidades de ameixa babosa, xapónica e fina e ostra que foron repartidas ás confrarías do Grove, Cambados, Vilaxoán, Vilanova, Illa de Arousa, Carril, Arcade, Camariñas, Barallobre, Mugardos, Cariño, Cooperativa de Abanqueiro e Arcade, entre outros destinos.
Axudas económicas
Ademais, a parte das sementes obtidas no marco dos proxectos de investigación e cedidas gratuitamente ás entidades sectoriais, a liña de traballo mais importante neste ámbito son as medidas de apoio económico que lle brinda a Consellería do Mar ao sector, e que cobren o 100 % dos gastos destinados á conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sostibles e a planificación, adecuación e mellora das zonas de produción. Mediante estas achegas as entidades sectoriais poden deseñar e levar a cabo proxectos bianuais no marco dos cales poden non solo comprar a semente, senón que tamén poden realizar as accións precisas de cara a rexeneración de bancos danados que teñan nas súas autorizacións marisqueiras (aporte de áridos ou a remoción ou descompactación do substrato).
Polo que respecta ás achegas específicamente destinadas á rexeneración dos bancos, no no marco dos proxectos executados dende o ano 2010 ata o 2023, a Consellería do Mar leva abonados ás entidades beneficiarias 8 millóns, e que incluíron un aporte e traslado de 100.332 metros cadrados de áridos, a remoción ou descompactación de mais de 10 millóns de metros cadrados de superficie e a sementeira de mais de 4 millóns de metros cadrados de terreo. Para estas sementeiras e para este período, as Confrarías xustificaron a compra de case 300 millóns de unidades de semente de distintas especies comerciais como son as ameixas xaponesa, babosa, fina e rubia, e o ourizo. A este respecto, a directora xeral aclarou que o custo dos produtos adquiridos son financiados ao 100% e que proveñen desde establecementos rexistrados, sometidos a control oficial, os cales producen ou comercializan lotes que compren coas normas de sanidade animal, que teñen as garantías sanitarias esixibles e contan coa documentación preceptiva.
Apoio no proceso interno
As Confrarías quedan suxeitas á tutela da Xunta de Galicia, a través da Consellería do Mar, en cuestións relativas á constitución, funcionamento dos órganos reitores e procesos electorais que se desenvolvan no seu seo, así como os actos de afiliación e a creación, disolución ou fusión das mesmas. Non obstante, os pósitos representan intereses económicos e corporativos dos profesionais do sector e das persoas asociadas, polo que poden desenvolver tamén accións propias de organización e comercialización que non están baixo a supervisión da Administración galega.
En canto á situación económica, por requerimento da Consellería, deben someterse a unha auditoría externa de contas, que se realiza con carácter anual dende hai máis dunha década. Ademais, a súa xestión está sometida ao control do Consello de Contas. No que respecta, á Confraría de Vilanova de Arousa, segundo os datos de 2024, o resultado da situación financieira neta foi positiva, a pesares de que esta e o resto de entidades acusaron perdas económicas por mor da alta mortaldade do marisco no inverno 23-24 debido ao elevado rexistro de precipitacións que provocaron un escenario anómalo e excepcional, que se viu agravado pola decisión do Goberno central de non atender a petición da Xunta de Galicia para declarar estas áreas zona catastrófica e así poder habilitar máis axudas que compensasen a diminución de ingresos.
A de Vilaova, e ao igual e que o resto, sempre contou co apoio da Consellería do Mar para o desenvolvemento dos procesos electorais internos. Precisamente, en febreiro deste ano reanudáronse os trámites para a elección parcial; mecanismo debidamente tutelado polo departamento autonómico, que permite garantir o normal funcionamento dos órganos de goberno do pósito.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



