Dende logo, o discurso do Bng cada día nos deixa máis abraiados!! Vinte anos sen preocuparse pola finca da rúa Diputación e agora veñen pedindo explicacións!!
VER PARA CREER!! Home… para empezar o que se fixo foi escoitar ós veciños e veciñas que levan anos reclamando a súa limpeza, e razón non lles faltaba, porque era un auténtico nido de bichos mortos. Había alí máis ratas mortas que en todo o alcantarillado de Nueva York!!!
¿Pero a quén pretenden enganar? ¿De verdade andan tan perdidos? Vergoña lles debería dar abrir a boca. E xa de abrila, abrila para algo. Abrila para pedir perdón a todos os ribadenses por tal abandono. O que tiñan que facer era explicarlles ós veciños o motivo de tantos anos de disculpas e mentiras, por certo, disculpas e mentiras que a día de hoxe lles van caendo unha a unha. Vergoña lles debería de dar enganar ós veciños e veciñas durante anos. ¿Cómo que non se podía? ¿Cómo non se vai poder entrar cunha pala para limpar e demoler unhas paredes con risco de derrube? ¿Cómo non se vai poder limpar unha finca cando ademais hai unha ordenanza que obriga ós propietarios a manter as propiedades limpas?Aínda que sexa por salubridade!! ¿Acaso cambiaron os técnicos do Concello? Que saibamos son os mesmos que seguen redactando os informes e este goberno actúa dende o respecto ós técnicos, redactando propostas e tomando decisións que para iso estamos, ou esqueceulles que non viñemos para estar? Esqueceulles que viñemos para facer?
En fin, que sigan enganando e manipulando que nós seguiremos traballando por Ribadeo e polos ribadenses.