Ribadeo, 15 de maio, 2025. O BNG explica que: “De novo o goberno municipal de Ribadeo volve insistir en usar o castelán como lingua vehicular. Nesta ocasión, deseñou unha campaña desde a Concellaría de Benestar Social, Saúde e Familia sobre diversos perigos que poden afectar á mocidade (sobre os riscos do uso indebido das redes, videoxogos…), totalmente en castelán. É moita ousadía que ao longo desta semana, ao longo das últimas semanas, desde hai xa un tempo, hai quen desde o goberno municipal aposta decididamente pola retirada do uso do galego incumprindo así a ordenanza municipal que regula o mesmo”.
“Xa o ano pasado puidemos comprobar que comezaba a aparecer sinaléctica en castelán. Xa na semana pasada volvemos atoparnos con máis sinaléctica en castelán. En actos institucionais, nos que se representa o concello, úsase sen miramento ningún o español obviando que cando unha persoa ostenta un cargo de responsabilidade débese á institución á que representa, non está alí a título persoal”.
Chove sobre mollado, engaden. Cada vez máis, semella que “Galicia Bilingüe”, agora xa descaradamente “Habla español”, está a tomar o pazo do marqués de Sargadelos. De que serve tomar posesión ao compás da marcha do Antigo Reino de Galiza se despois promoves e consentes atropelos coma este? Daniel Vega desenténdese completamente da promoción e uso do idioma galego. Poderá pronunciar os discursos que queira con motivo das celebracións institucionais das Letras Galegas. Pero a súa credibilidade, a do seu goberno, está polo chan por actitudes como estas que agora denunciamos. Queiman os remanentes, non son quen de rematar as obras a tempo.
“Dálles por cortar árbores caprichosamente e de xeito masivo… e agora empréndena coa lingua galega. Non son dignos do seu cargo. Ribadeo merece máis”, conclúen.


















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



