Está organizado pola Asociación Cultural e Artesanal de Mulleres Palilleiras “As Encaixeiras” e conta co apoio do Goberno galego. O porto de Burela é o escenario no que as palilleiras convocadas amosan o seu traballo ás persoas que se achegan. O programa inclúe tamén degustación de empanada de pescada e visitas ao Monte Castelo e á igrexa da Vila do Medio, así como actividades infantís de pintacaras e globoflexia, entre outras.
