O Vicedo, 14 de maio, 2025. Hoxe presentouse a quinta edición do Trail do Vicedo que se disputará o vindeiro fin de semana, concretamente o domingo 18 de maio. Nesta presentación participaron membros da directiva do Clube Peña Lar Trail así como o alcalde do Vicedo, Jesús Novo Martínez e personal municipal encargado da área de turismo.
Na presentación subliñouse a alta participación este ano nas 3 categorías existentes: Trail longo (25K), Trail curto (15K) e andaina (15K) conformando un total de 370 participantes, aumentando respecto á edición anterior. Tamén se sinalaron algunhas novidades respecto á edición anterior:
-Cambio de ubicación da saída/meta: Cambia á zona do parque do entorno da Casa da Cultura, co obxectivo de facilitar a organización e comodidade para os participantes, ao dispoñer dun gran entorno cuberto na zona do parque.
-Cambios pequenos nos percorridos. Como todos os anos, abriuse algún pequeno tramo novo co obxectivo de destacar a beleza natural da costa e interior do Vicedo.
O Trail do Vicedo naceu no ano 2019 debido á forte demanda existente actualmente deste tipo de eventos deportivo/turísticos que aproveitan as mellores rutas turísticas de cada zona constituindo unha actividade con
diferentes atractivos, tanto o deportivo como o natural.
Despois do éxito das 4 primeiras edicións, onde destacan sobre todo as disciplinas de 15K e andaina, mantívose a idea de organizar este Trail polos resultados de público e opinións xa que ata aquí se achegan deportistas de toda Galicia.
O percorrido do trail longo comezará na Rúa Francisco Vilasuso para adentrarse nas montañas do interior ata volver á costa pola zona de Fuciño do Porco e regresar pola ruta PR G 156 Costa de O Vicedo, co que percorrerá a costa de leste a oeste. O trail curto percorrerá o trazado entre o Fuciño do Porco e o Porto do Vicedo, transitando tamén a cost ado Vicedo de leste a oeste.
Todas as modalidades rematarán na Rúa Francisco Vilasuso co cal se pretende que haxa un final de competicións, moi vistoso, en torno ao mediodía. Alí procederase á entrega de trofeos aos mellores clasificados de cada categoría, así como premios aos máis veteráns, aos locais.
Para o evento contarase coa colaboración imprescindible do club Peña Lar de Trail, de Viveiro, que axudará tanto na preparación e marcaxe das rutas como no desenvolvemento da proba, coordinación, vixiancia e difusión do evento nos meses anteriores á competición.
En resumo, o Concello de O Vicedo coa organización deste evento quere cumprir varios obxectivos:
– Completar a súa oferta sociocultural e deportiva do ano, non só en época estival senón durante todo o ano.
– Responder á demanda actual de organización de eventos deportivos polos montes e rutas dos concellos.
– Mostrar aos asistentes á carreira e ao público a beleza natural do Concello de O Vicedo, xa que que pasará por 5 das praias do municipio, a costa, a illa Coelleira, a Ría e o Fuciño do Porco.
– Potenciar a economía local co importante número de participantes que asistirán ao evento e, por tanto, poderán consumir na hostelería local.





















Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.



