Ribadeo, 27 de xuño de 2026. Do 29 de xuño o ao 6 de xullo terán lugar as antevésperas e as vésperas do X Ribadeo Indiano, que inclúen teatro, música e presentacións de libros.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, dixo que “a décima edición do Ribadeo Indiano está a punto de comezar. Este domingo, 29 de xuño, ás oito e media da tarde no auditorio municipal teremos a antevéspera. Poderemos gozar da representación teatral Boa sorte, mala fama coa fantástica compañía Tarabela Creativa”.
A edil ribadense contou que “a fin de semana seguinte teremos tres cousas importantes. O venres 4 de xullo a presentación do libro O rey de los Jíbaros, a cargo do autor Suso Martínez ás oito e media na biblioteca. O sábado 5 de xullo haberá un concerto da Banda Filarmónica de Lugo ás oito e media no auditorio. E o domingo 6 de xullo teremos algo especialmente preparado para os nenos. Será a presentación do libro dos Bolechas Ribadeo Indiano coa presenza dos bonecos, que terá lugar no quiosco do Parque de San Francisco”.
Sanjurjo engadiu: “esperámosvos a todos nas vésperas e nas antevésperas do Ribadeo Indiano”.





















Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



