Ditas incidencias teñen lugar nas estradas LU-540 e no CG- 2.3
A Mariña, 1 de xullo, 2025. A Garda Civil identificou a un turismo na estrada CG-2.3 (Xove-Celeiro), km. 3,200, termino municipal de Xove, circulando a unha velocidade de 179 km/h en sentido decrecente, estando limitada a velocidade máxima permitida nese lugar a 90 km/h, limitación xenérica no devandito tramo da vía.
Tras ter coñecemento do ilícito, o grupo de investigación e análise de tráfico da Comandancia de Lugo deu comezo a unha investigación, cuxo resultado permitiu conseguir probas obxectivas que posibilitaron a identificación do condutor do vehículo no momento da detección do citado exceso de velocidade.
A persoa investigada como suposto autor dun delito contra a seguridade viaria por condución a velocidade excesiva e as dilixencias policiais foron postas ao dispor do Xulgado de Instrución de Garda de Viveiro.
Así mesmo, na estrada LU-540 (Viveiro-Cabreiros), á altura do quilómetro 31,500, termino municipal de Muras, foi detectado outro vehículo circulando en sentido crecente a 179 km/h, cando a velocidade máxima permitida nese lugar é de 80 km/h, existindo limitación da velocidade xenérica da vía.
Nesta ocasión unha patrulla da Garda Civil puido identificar o condutor do turismo, facéndose cargo das dilixencias policiais a unidade de investigación de seguridade viaria de Burela (Lugo), imputando en calidade de investigado ao condutor e único ocupante do vehículo como suposto autor dun delito contra a seguridade viaria.
As dilixencias policiais foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda nº 1 de Villalba.
Desde a Garda Civil, recoméndase precaución e respecto ás limitacións de velocidade establecidas, ao ser a velocidade excesiva ou inadecuada, un factor fundamental que determina a maior ou menor incidencia na sinistralidade viaria, así como a gravidade e o grao das lesións das vítimas en caso de sinistro viario, constituíndo a causa máis común e transversal na produción de accidentes mortais. Debendo por unha banda respectar os límites establecidos e por outro, adecuar a velocidade ás condicións que en cada momento presenten a vía, o vehículo ou o condutor.
Doutra banda, o vixente Código penal no seu artigo 379 establece que aquel que conducir un vehículo de motor ou un ciclomotor, a unha velocidade superior a sesenta quilómetros por hora en vía urbana ou en oitenta quilómetros por hora en vía interurbana, á permitida regulamentariamente, será castigado coa pena de prisión de ata 6 meses e, en calquera caso, coa privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata 4 anos