A Mariña, 23 de xullo, 2025. A Garda Civil detivo na Mariña Lucense a catro veciños de Girona, con idades comprendidas entre os 22 e 50 anos de idade como supostos autores dun delito de roubo de cable de cobre.
Os feitos delituosos tiveron lugar a mediados de mes cando se tivo coñecemento de que no termo municipal de Xove estábanse a se producir subtraccións de cobre, a última coñecida tivo lugar na madrugada do pasado día 17 cando autores descoñecidos apropiáronse duns 800 metros de cable.
Ante estes ilícitos iniciouse unha especial intensificación da vixilancia, tanto da zona afectada como das vías de comunicación adxacentes, dando inmediatamente os seus froitos ao detectar durante a madrugada do día 18 a presenza dun furgón na estrada LU-862, que une o alto de Castelo en Cervo co límite coa provincia da Coruña, este vehículo circulaba a unha velocidade anormalmente reducida e ao decatarse o seu condutor da presenza dos axentes, aumento considerablemente a mesma.
A patrulla da Garda Civil deulle o alto á furgoneta e cando se detivo, de maneira imprevista saíron do interior dúas persoas, unha da cabina e outra da parte destinada á carga, que emprenderon unha fuxida a pé, mentres que o condutor puido ser identificado nese momento, comprobando a posteriori como no furgón de carga estaba a trasladarse unha gran cantidade de cable de cobre con recubrimento plástico multicolor, similar ao empregado nos tendidos telefónicos, así como un alicate de corte e outros indicios máis que suficientes que indicaban que tales efectos son froito dun ilícito penal relacionado coa subtracción de cable de cobre, ante o cal se procedeu á aprehensión do cable e do vehículo que o transportaba, así como á detención do condutor.
Posteriormente activouse un dispositivo policial de procura e localización das persoas que fuxiran, sendo detidas horas máis parte cando circulaban pola N-642 no interior dun turismo, así como a un cuarto cómplice que se atopaba no vehículo interceptado.
A investigación continúa aberta ao obxecto de verificar se estas persoas puideron participar noutros feitos similares ocorridos na provincia de Lugo e limítrofes.
As dilixencias policiais foron postas ao dispor da Autoridade Xudicial.