Foz, 24 de xullo, 2025. O club fichou como adestrador para os seus equipos sénior a Alberto Ruiz de Galarreta. Ambos equipos competirán un ano máis na 1ª División.
Alberto foi xogador profesional durante máis de 20 anos, disputando 480 partidos na Leb Ouro (actual Primera Feb) e 17 en ACB. Á súa experiencia como xogador suma tamén a de adestrador, xa que vén de estar 2 tempadas no Socuéllamos de Castilla La Mancha, onde na tempada 23-24 se proclamou campión de esa comunidade autónoma, acadando o ascenso a Terceira Feb, categoría na que adestrou a ese mesmo conxunto a tempada pasada.
“Para o noso clube é un luxo poder contar con Alberto, consideramos que nos vai dar un salto cualitativo como clube e agardamos que o tempo que esteña con nós sexa de proveito para todos xs nosxs xogadorxs e logre sacarlles o mellor”.
“Desde a primeira conversación que tivemos mostrou interés en unirse ós Celtas, e por ambas partes fixemos un esforzo para levalo a cabo”.