A cita celebrarase do 19 ao 21 de setembro no polideportivo deste municipio e contará coa participación de reputados profesionais do mundo da tornería. A institución provincial colabora un ano máis con este evento realizando unha achega económica de preto de 10.000€ e a impresión de 600 exemplares dun libro que se realizou polo 25 aniversario desta cita.
