Burela, 16 de agosto de 2025. O Cuarteto Casals actuará o vindeiro 20 de agosto ás 20:30 horas, no Auditorio Casa da Cultura de Burela dentro da programación do XII Festival Bal y Gay.
Esta agrupación está formada por Vera Martínez-Mehner e Abel Tomás co violín, Cristina Cordero á viola e Arnau Tomàs co violonchelo. Fundada en 1997 na Escola Superior de Música Reina Sofía, realizou actuacións en escenarios como o Carnegie Hall de Nova York, o Musikverein de Viena, a Philharmonie de Berlín e o Concertgebouw de Ámsterdam.
Conta ademais cunha ampla discografía, principalmente no selo Harmonia Mundi, e foi galardoada con distincións como o Premio Nacional de Música e o Borletti-Buitoni Trust Award.
Neste concerto interpretarán pezas clásicas como o “Cuarteto de corda en re maior, Hob. III:79” de Haydn, o Cuarteto de corda “Terra acesa” de Elisenda Fábregas e o Cuarteto de corda nº 13 en si bemol maior, Op. 130 coa Gran Fuga, Op. 133 de Beethoven.
O Festival Bal y Gay, que se celebra cada verán na Mariña, converteuse, segundo a concelleira de Cultura de Burela, Lina Gómez, “nunha das citas máis destacada no panorama galego da música clásica, reunindo intérpretes e agrupacións de recoñecemento nacional e internacional e ofrecendo concertos en diferentes espazos de varios concellos da comarca, como prazas, auditorios, pazos e igrexas históricas”.
Nesta edición participan artistas como a soprano Nuria Rial, a Real Filharmonía de Galicia, o Cuarteto Quiroga ou o Ensemble Los Elementos, entre outros. Ademais, o festival mantén un compromiso activo coa formación e a difusión cultural a través de proxectos como Mariñaencanto, que involucra a escolares nun coro infanto-xuvenil, ou A Operiña, que achega a ópera ao alumnado de primaria.
Lina Gómez finalizou indicando que “a actuación do Cuarteto Casals no marco do Festival Bal y Gay en Burela ofrece a posibilidade de escoitar unha formación de prestixio internacional, contribuíndo a ampliar a oferta cultural no noso municipio”.
As entradas estarán dispoñibles no Auditorio Casa da Cultura media hora antes do concerto ou a través da web festivalbalygay.com.




















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



