Ribadeo, 20 de agosto de 2025. Segundo Xoves Aberto este 21 de agosto, organizado por Acisa Ribadeo con música na zona vella, a ruleta da sorte nas Catro Rúas e propostas refrescantes na hostalería local.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, manifesta: “como xa se puido comprobar o pasado xoves, esta iniciativa enche as rúas da vila de música en vivo e permite a veciños e visitantes gozar de descontos e promocións especiais nos comercios adheridos presentando o multipase da campaña. A actividade forma parte da programación especial O noso comercio é vida, vive Ribadeo. Ademais contaremos tamén con propostas moi refrescantes na hostalería local. O xoves pasado deixounos moi bo sabor de boca e agardamos repetir mañá”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, sinalou que “os Xoves Abertos son unha oportunidade para vivir Ribadeo dunha maneira diferente, desfrutando das nosas tendas, da nosa hostalaría e da nosa música. É un impulso para o comercio local e unha invitación a descubrir todo o que a vila ofrece”.
Pérez Prada contou que “este xoves teremos a actuación do DJ Betty Bunny na zona vella de Ribadeo a partir das 22:00 horas. Esta actuación lévase a cabo en colaboración co Xara Fest, e busca concienciar e implicar á xente mais nova co comercio e a hostalaría local. Este xoves tamén, as tendas participantes abrirán polo menos unha hora máis sobre o seu horario habitual e ofrecerán múltiples promocións. Os clientes que presenten o multipase poderán beneficiarse destas ofertas e a partir das 20:00 horas gozar dunha Estrella Galicia ou dun tinto de verán por só 1 euro ou dun cubo de 5 quintos por 5 euros nos locais hostaleiros participantes. Ademais contaremos coa ruleta da sorte, que estará instalada no cruce das Catro Rúas de 19 a 21 horas”.
Cruzado Iglesias subliñou: “trátase dunha ocasión moi especial para mercar, xa que en moitos casos, ademais dos descontos de rebaixas, haberá promocións adicionais que irán desde o 10% ata o 75%, zonas outlet, 2×1, prezos especiais e moito máis. Estes xoves convértense nunha oportunidade única para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes”.
Comercios participantes:
O Ferrado Marelo, Anais, Serendipia, Mimimó, Galán, Farfala, Sanjurjo, Esprit, Mika, For Friends, La Coqueta, Perseidas, Pequerrechos, Susana Kempes, Pepa Peineta, Siñeiro, Bombones Moreno, Hola Ola, Jilgueritos, La Florida, Ohana, Terra Branca, Fauna, Bora Bora, Miss-Ticc, Glass, Casa Mandarina, Sendín, Óptica Carreira e A Flote.
Establecementos hostaleiros participantes:
Cienfuegos, Aware Cakes, Barallocas, Ramonita, Manhatan, La Flor de Jose, El Colonial, El Rincón del Gordo, A Horta de San Roque, Copa Cabana, Araucaria, Mareta, Los Dulces de Delphine, Cervexería San Roque, Mesón D’Cata, O Furancho do Camiño, Arrancadeira e Ribanzo.
Todas as ofertas concretas pódense consultar na web e redes socias de Acisa.
O xerente de Acisa dixo que “os xoves de agosto tedes unha cita obrigada en Ribadeo: música, grandes ofertas no comercio e promocións na hostalaría. O plan perfecto para mercar e desfrutar dunha boa tarde-noite na nosa vila”.
A presidenta do colectivo empresarial ribadense agradeceu “a colaboración do Concello de Ribadeo, a cofinanciación da Xunta e o patrocinio de Discosta Norte, que fan posible a realización destas actividades do 14 ao 31 de agosto incluídas na programación especial de Acisa O noso comercio é vida, vive Ribadeo, enmarcadas no programa da Xunta O teu comercio é excepcional. Esta programación especial concluirá o 31 de agosto co sorteo dunhas vacacións a Gran Canaria. As rifas obtéñense nos establecementos asociados a Acisa polas compras ou consumicións realizadas nos mesmos”.




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



