Xove, 29 de agosto, 2025. Desde o 1 de xullo e ata o 29 de agosto un grupo de 55 rapaces e rapazas, de idades comprendidas entre os 9 e os 14 anos, participaron de luns a venres dunha variada axenda de actividades de lecer dentro do proxecto de voluntariado xuvenil “Mañás Activas”.
Durante estes dous meses de verán a rapazada gozou de obradoiros temáticos de manualidades, xogos de grupo, xogos multideporte, dun taller de robótica educativa, do campamento dixital da Fundación Cibervoluntarios e ata dunha excursión ao Urban Planet de Oleiros con parada na Praia do Lago de As Pontes onde o grupo gozou dun día inolvidable. Este programa completouse coas actividades deportivas ao aire libre monitorizadas por “Roq Sport” e alguna que outra visita á praia.
A programación das “Mañás Activas” foi coordinada polo persoal técnico da OMIX e as monitoras Samara Martínez Cordido e Alba Rodríguez Tapia xunto co grupo de voluntariado formado nesta edición por Carla Míguez Méndez, Eva Dean Durán, Daniel Felipe Garnica Díaz, Ángela Cristina Blanco Laza e Eduardo Flores Escobar.
Este venres o Alcalde, Demetrio Salgueiro Rapa, xunto coa Concelleira de Deportes e Xuventude Cristina Iglesias Guerreiro, acompañaron ás nenas e nenos na festa de remate, poñendo en valor a participación da mocidade neste proxecto fixeron entrega dun agasallo ao equipo voluntario e ás monitoras como recoñecemento a súa colaboración e bo traballo.
Estas actividades están organizadas pola Concellerías de Xuventude, Deportes e a Oficina de Información Xuvenil dentro do programa de voluntariado xuvenil como oferta de conciliación e lecer no verán.





















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



