Someterase a debate a aprobación da conta xeral do exercicio 2024
Viveiro, 6 de agosto de 2025. A Casa do Concello de Viveiro acollerá hoxe, ás 19.30 horas, un pleno ordinario. Nel abordaranse cuestións como a aprobación das actas das sesións anteriores —correspondentes aos días 4 de xuño, 9 de xullo e 23 de xullo—, a toma de posesión do novo concelleiro Jesús Chao da Silva, así como o cambio de titularidade ou renovacións de concesións do cemiterio municipal. Tamén se someterá a debate a aprobación da conta xeral do exercicio 2024 e unha modificación do orzamento 2025 para facer fronte ao remanente de tesourería negativo mediante baixas de créditos (expediente 6596/2025).
Na parte declarativa incluirase unha moción presentada polo Grupo Municipal Por Viveiro para instar ao Goberno do Estado á reactivación do proxecto da Autovía A-74, coñecida como Autovía da Mariña.
A sesión pecharase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía, e a quenda de rogos e preguntas por parte dos membros da Corporación.