Mondoñedo, 3 de setembro, 2025. Os feitos tiveron lugar durante a madrugada do pasado luns, cando tras localizar a esta persoa, constátase que non era capaz de facilitar aos axentes a súa filiación correcta dado o seu estado de saúde.
Ante esta tesitura foi trasladada en primeira instancia ao centro hospitalario de Burela, onde permaneceu ingresada varias horas e, tras a realización das probas médicas pertinentes, foi trasladada para o seu ingreso no HULA.
Previamente ao seu traslado ao centro médico foulle proporcionada roupa e calzado, e xestinouse o seu acondicionamento en estancias municipais en Lourenza.
No día de onte logrouse identificar fidedignamente a esta persoa, sendo unha veciña da comunidade de Madrid, de 55 anos de idade.
As dilixencias policiais foron remitidas ao Xulgado de Instrución nº 1 de Mondoñedo.