Ribadeo, 26 de setembro de 2025. Están abertas as inscricións para asistir aos novos cursos gratuítos sobre certificados dixitais, ch@ve 365, Sergas, facenda e teléfonos móbiles, que se impartirán en novembro e decembro en Rinlo, Vilaselán e Cedofeita.
Curso: Google e as súas aplicacións. Google Maps, Google Gmail, Calendario, Drive, Fotos… Será impartido na Escola de Rinlo os días 20, 21, 22, 23, 27, 28, 29, 30 de outubro, 3, 4, 5, 6, 10, 11, 12, 13, 17, 18, 19, 20, 24, 25, 26 e 27 de novembro e 1 de decembro. Será en horario de 17 a 19 horas. A data límite de inscrición para este curso será o 5 de outubro.
Curso: O teléfono móbil, primeiros pasos. Terá lugar na Escola de Vilaselán os días 20, 24, 25, 26 y 27 de novembro e 1, 2, 3, 4 e 9 de decembro tamén en horario de 17 a 19 horas. O prazo de inscrición remata o 5 de novembro.
Curso: Sinatura dixital / Ch@ve 365 / Certificados varios. Aplicacións de Sergas, Facenda. Actuar ante as administracións públicas, sede electrónica. Será impartido na Escola de Cedofeita os días 1, 2, 3, 4, 9, 10, 11, 15, 16 e 17 de decembro en horario de 17 a 19 horas. A data límite de inscrición será o 17 de novembro.
As persoas interesadas en asistir a estas formacións poden reservar as prazas chamando aos seguintes números de teléfono: 982 260 075 – 679 549 522 – 646 857 614, por correo electrónico en eparadixitalizarse@deputacionlugo.org ou a través da web: https://yparadigitalizarselugo.com
Na páxina web do Concello pódese descargar toda a información e os formularios.





















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



