A Mariña, 26 de setembro de 2025. O modelo de turismo sostible impulsado pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense foi recoñecido na cuarta edición dos premios outorgados pola Deputación de Lugo, na categoría de Turismo Sostible. A candidatura Camiño cara a sostibilidade turística na Mariña Lucense. Proxectos que definen unha traxectoria resultou gañador do Premio Turismo Sostible, recoñecendo así este proxecto como un exemplo para o impulso dun modelo turístico respectuoso co territorio.
A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, recollerá mañá o galardón no decurso da IV Gala de Premios de Turismo, un certame promovido polo Consello Provincial de Turismo, impulsado e presidido pola Deputación Provincial de Lugo, que ten como obxectivo recoñecer aquelas iniciativas que contribúen a difundir e reforzar a identidade lucense. López amósase satisfeita con este recoñecemento “polo que supón para todo o traballo que vimos desenvolvendo desde hai anos na Mancomunidade”.
Turismo sostible, o reto da Mariña Lucense
A candidatura presentada pola Mariña Lucense integra aqueles proxectos desenvolvidos na Mancomunidade co obxectivo de fomentar un modelo turístico máis sostible e integrador co territorio, atento á calidade e respectuoso coa súa contorna e coa súa poboación.
Así, a memoria fai referencia ás redes de colaboración tecidas ao abeiro do turismo slow Norte de Galicia, do SICTED e do Colectivo de Gastronomía da Mariña; aos produtos turísticos xerados ao redor da ornitoloxía e da xeoloxía, ás audioguías ficcionadas, aos Plans con corazón e aos Obradoiros con corazón; e á comunicación xerada, desde o concepto de sostibilidade, con proxectos como AMODO e A Mariña Latexa Contigo.




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



