Os deputados populares, xunto ao alcalde e o tenente alcalde da localidade, Darío Cabaneiro e Marcos García, e concelleiros do PP coñeceron de primeira man todas as posibilidades de crecemento económico que ofrecen estas instalacións, únicas na provincia, e que supoñen “un punto de atracción e diferenciación para a captación de visitantes e empresas” para este municipio
A Pastoriza, 15 de setembro de 2025. Os deputados do Grupo Provincial Popular coñeceron de primeira man todas as posibilidades de crecemento económico que ofrece o circuíto que hai na Pastoriza, unhas instalacións únicas na provincia e que supoñen “un punto de diferenciación e de atracción” para este municipio.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, puxo en valor “as enormes posibilidades” que ofrece esta instalación xa que “ademais de dinamizar o municipio e de ser un motor económico, supoñen un punto de inflexión xa que ademais contribúen a mellorar a seguridade viaria ao formar cada ano a centos de condutores”.
Os deputados populares coñeceron todas as actividades que se realizan neste circuíto, que acolle a centos de usuarios cada ano, ben sexa para realizar cursos de perfeccionamento na condución para mellorar a seguridade viaria, corrixindo erros adquiridos ao longo do tempo así como para aumentar a destreza e capacidade de reacción ante imprevistos na condución.
Ademais, numerosos pilotos profesionais, ben sexan de transporte de viaxeiros, mercadorías ou de competición, acoden a estas instalacións para continuar coa súa formación adquirindo destrezas específicas.
Antonio Ameijide insiste na necesidade de “poñer en valor e potenciar” unhas instalacións únicas na provincia “capaces de dar novas posibilidades a un municipio eminentemente rural, pero que gracias ao traballo diario ofrece novas vías de crecemento económico”.
Este circuíto supón unha oportunidade de crecemento para A Pastoriza, xa que non só está orientado á formación de condutores, senón que tamén é unha referencia a nivel nacional e internacional para a proba e posta a punto de novos modelos de vehículos, tanto de rúa coma de competición.
Ademais, estas instalacións son un dos piares económicos sobre os que recae o crecemento deste concello lucense xa que, dada a gran afección ao deporte do motor que hai en Galicia atrae a numerosos afeccionados xa que se celebran todo tipo de competicións (coches, motos, karts….) e tamén é un lugar no que os pilotos compiten, adestran e perfeccionan as súas habilidades, tanto en solitario coma coa axuda de formadores en condiciones de total seguridade.




















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



