Foz, 25 de outubro de 2025. Arrincou en Foz a campaña da FCAM “De compras polo comercio da Mariña Lucense” coa presenza dos xornalistas e comunicadores Carlota Corredera, David Insua e Isidoro Valerio, que visitaron varias tendas asociadas ao Centro Comercial Aberto focense.
Os famosos convidados percorreron as rúas máis comerciais de Foz “para incidir na importancia que ten facer as compras nos negocios locais, nos que temos a carón das nosas”, explican desde a FCAM. Carlota Corredera, David Insua e Isidoro Valerio achegáronse ata as praias da Rapadoira e de Llas, degustaron a exquisita gastronomía desta zona e esta tarde asistirán ao sorteo de 500 euros en vales de compra, que terá lugar na Praza do Souto, de San Miguel de Reinante, en Barreiros.
No inicio da campaña estiveron presentes o director xeral de Comercio da Xunta, Gabriel Alén, a presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, o presidente e a xerente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo e Ana Segade.
“De compras polo comercio da Mariña Lucense” está organizada pola FCAM co financiamento da Dirección Xeral de Comercio.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



