A conselleira do Mar presentou esta mañá en Viveiro as previsións económicas do seu departamento para a comarca
Viveiro, 18 de outubro de 2025. A Xunta de Galicia contempla 2,9 millóns de euros nos orzamentos de 2026 para actuacións de mellora nos portos de titularidade autonómica da Mariña lucense. Así o anunciou esta mañá a conselleira do Mar, Marta Villaverde, nunha visita a Viveiro para presentar as previsións de investimento do seu departamento na comarca durante o vindeiro ano.
A titular de Mar explicou que os Orzamentos 2026 contemplan en total investimentos en 9 actuacións portuarias na Mariña de Lugo que supoñen unha anualidade global de case 3 millóns de euros para o 2026 e cuxo importe global do conxunto das obras previstas (con financiación plurianual) ascende a 21 millóns. Este investimento duplica a anualidade destinada para a comarca lucense no pasado exercicio orzamentario.
Villaverde detallou que en concreto no municipio de Viveiro Portos de Galicia consigna máis de 450.000 euros na vindeira anualidade para tres actuacións de envergadura. Así, contémplase a obra de saneamento do porto de Celeiro, por importe de 250.000 euros consignados integramente na anualidade 2026. Trátase da mellora da conexión da rede de saneamento portuaria á rede municipal con completando a recente urbanización de acceso ao porto. Ademais prevese a reordenación da fachada marítima e aparcadoiro de Viveiro, cun orzamento total de 1,8 millóns de euros dos que 200.000 euros se consignan en 2026.
A obra consiste na humanización da fronte marítima na zona comprendida entre a estación de autobuses e a casa do gardapeiraos, incluíndo a habilitación de zona de aparcadoiro público e a posta en valor do edificio da casa do gardapeiraos. Finalmente, destínanse tamén 12.000 euros no vindeiro exercicio á planificación do reforzo do dique de Celeiro, cun orzamento de 1,2 millóns de euros plurianuais. Esta actuación prevé un redeseño do dique para adaptalo ás condicións marítimas actuais tendo en conta o desgaste producido polos temporais dos últimos anos.
Polo que respecta ao conxunto da comarca mariñá, a Consellería do Mar investirá 800.000 euros na dragaxe da canle de acceso ao porto de Foz. O orzamento dá continuidade ademais ao proxecto do acceso ao porto de Ribadeo, cun investimento de 450.000 euros e prevé o reforzo do noiro do peirao cun importe plurianual de 675.000 euros. Así mesmo, o ente público destina 760.000 euros en 2026 para culminar as obras de reforzo do abrigo e adaptación ao cambio climático no porto de Burela.
Planificación plurianual
Finalmente contémplanse partidas de diferente importe para outras actuacións que se atopan polo momento en fases máis iniciais. É o caso da mellora do abrigo cun contradique no porto de Morás, cun custe estimado de máis de 7,5 millóns de euros e para a que a Xunta destina 80.000 euros de cara ao ano que ven; e a remodelación da dársena deportiva de Foz, aínda en fase preliminar, que conta cunha anualidade de 30.000 euros.



















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



