Afirma que a Deputación “só buscou enredar e torpedear desde o primeiro momento”, cando soubo do convenio de colaboración entre a Xunta e o Concello para facerse coa titularidade do 100% do ben e poñelo en valor
Lugo, 27 de outubro de 2025. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o alcalde de Cospeito, Armando Castosa, explicaron hoxe en rolda de prensa que a Deputación de Lugo non puido rexistar a compra de parte da Torre de Caldaloba, en Cospeito, debido a un proceso irregular e malitencionado no que ignoraron o dereito de tanteo exercido en prazo polo Goberno galego.
O delegado aclarou que, ao contrario do que a Deputación intenta aparentar, “neste asunto foi sempre por detrás da Xunta e do Concello, e inmiscuíuse nun proceso que tiñamos en marcha co único afán de enredar e torpedealo desde o primeiro momento”.
Cómpre lembrar que a Xunta e o Concello redactaran un convenio de colaboración o 25 de febreiro do 2022 para a adquisición do 100% deste Ben de Interese Cultural, que foi asinado o 6 de xuño; de feito, Castosa sinalou que o Concello xa chegara a un acordo para mercar dúas das tres propiedades particulares nas que se atopan a torre e o foso defensivo.
Pese a ter coñecemento deste proceso, a Deputación acordou a compra da terceira finca -propiedade de dúas persoas-, comunicouno á Xunta o 4 de agosto do 2022 e formalizaron a escritura de compravenda o 21 de outubro do mesmo ano, sen agardar a que transcorreran os tres meses de prazo establecidos no artigo 49 da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia para exercer o dereito de tanteo.
O Goberno galego exerceu este dereito en debida forma e prazo o 3 de novembro, dando traslado á Deputación, ao Concello de Cospeito e aos propietarios implicados. A confirmación de que a venda se consumara antes de tempo chegou polo recurso destes últimos alegando que xa non ostentaban a titularidade, dado que o Goberno provincial en ningún momento comunicou esta cuestión fundamental.
Aínda que a Deputación sabía do exercicio por parte da Xunta do dereito de tanteo, intentou inscribir o ben no Rexistro da Propiedade de Vilalba; sen embargo, este notificoulles, en data 22 de decembro, que a escritura estaba “viciada de nulidade” o que “provoca un peche rexistral que impide a inscrición a favor da Deputación”; o motivo é que obviamente non puideron acreditar que a Xunta non exercera o dereito de tanteo.
O delegado indica que esta actitude “xa demostra unha forma de actuar, pero nin sequera entón cesaron no empeño de poñer paus nas rodas, simulando xestionar axudas para a Torre cando eran conscientes de que non prosperarían porque partían dunha situación de nulidade das actuacións, e por suposto culpando á Xunta dunha parálise que eles mesmos crearan”.
Posto que ignoraron o exercicio do dereito de tanteo, a Xunta non tivo outra opción máis que exercer o dereito de retracto, tal e como acordou no Consello de Goberno do 1 de xuño do 2023, circunstancia pública e notoria.
Interferencia irresponsable e dilatoria
Arias afirma que a Deputación actuou “con absoluta irresponsabilidade, porque a Torre xa sería propiedade do Concello de Cospeito e dos seus veciños, como estaba previsto, se non fora pola súa interferencia; a Xunta financiaba a compra por parte do Concello, e este si tería lexitimidade para solicitar as axudas e acometer as obras de rehabilitación necesarias, ao ser o propietario único do 100% do ben”.
“E agora, lonxe de desistir e deixar o camiño libre, na audiencia previa celebrada hai uns días no xulgado, solicitaron un aprazamento de dous meses do proceso xudicial de retracto para negociar un acordo polo que non parecen ter un interese real, porque non se puxeron en contacto coa Xunta”.
Arias censura a actuación da Deputación, que considera “unha burla aos veciños e veciñas da provincia” e “a constatación de que se serven de calquera escusa, incluso do patrimonio cultural, para intentar obter réditos políticos”.



























Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



