Burela, 18 de outubro, 2025. Despois de conseguir sumar o primeiro punto da tempada, nun encontro cheo de emoción en Vista Alegr ante o Móstoles, as nosas Guerreiras Laranxas viaxaron a Guadalajara esta finde para enfrontarse ao CD Chiloeches ás 17.00h, encontro que foi retransmitido por Sinópsis Vuvuzela. Primeira parte competida pero con máis acerto por parte do Burela e segunda parte con moitas ocasións para as mariñás que rematan materializándose no resultado final.
Primeiras ocasións para o conxunto local que abre o partido dominante, pero o primeiro tanto será para o Burela no minuto 5, un gol de Silvia Rubal que remata un disparo de Cris Blanco tras un saque de banda de Irene. Gran intervención de Ana Eliza no 6 nunha boa xogada combinativa que finaliza Nora, atopándose coa porteira brasileira que a desvía fóra. Chega o segundo tanto de Silvia Rubal, un golazo da capitá laranxa que tras unha carreira executa un disparo raso coándolla entre as pernas a Noelia das Heras e meténdoa ao segundo pau. Segundos despois Ju Delgado ten que ser evacuada polos servizos médicos tras un pisotón de Gabi case na banda, esperamos que quede nun susto. Boísima intervención unha vez máis de Ana Eliza, que a desvía no saque de falta desta mesma acción de falta e sácaa Sandra Abadía co pé nun cara a cara con Irene no minuto 10. Lánzaa por encima do travesero Virginia tras unha boa parede con Nekane no minuto 13 e case a volve a ter Nekane nun contraataque que remata despexando a nosa porteira. Gran ocasión no minuto 15, unha vez máis, de Silvia, que a recupera a media pista e nun duelo coa porteira, esta logra despexala coa perna. Minutos para o Chiloeches que presiona alto pero o Burela logra despexar e busca o gol con balóns longos que non logran chegar a portería. Nunha destas accións recuperan as locais e boa ocasión de Rocío que salva Ana Eliza despexando á banda. Lánzaa Lara desviada da portería no último minuto tras unha boa recuperación en cancha rival e sálvaa Irene a un segundo nunha boa transición das locais.
Gran ocasión do Burela no minuto 22, tras un erro nun saque de banda que recupera Lara disparando a portería dende a área que despexa a porteira, pero que recolle Irene no rexeite e despexa Macarena volvendo disparar Irene e despexando outra vez a porteira e sálvaa Silvia Rubal nun pase dende a banda que despexa a capitá no medio da área no minuto 25. Lánzaa fóra Lucía tras unha boa contra e un cara a cara con Ana Eliza no minuto 27 e vermella directa a Nekane nunha contra de Sydorenko que chegaba soa a portería e é empuxada pola xogadora local. Paradón de Sandra no lanzamento directo da falta que saca Cris Blanco e volve despexar un disparo lonxano de Silvia Rubal no 29. Volve tela Lara no minuto 30, xusto ao recuperar ás 5 xogadoras o conxunto local, que executa unha contra perfecta conseguindo irse de dúas xogadoras, pero Sandra frustra o terceiro gol por parte da xogadora focense. Falta perigosa para o Chiloeches no minuto 31 tras unha falta de Silvia Rubal moi preto da área que non logra aproveitar e penalti no mesmo minuto que anota Rocío no rexeite tras un paradón de Ana Eliza, conseguindo o 1-2. Expulsión a Macarena no 32 e balón ao pau de Laura Barranco que aproveita Lara pero dispara atopándose a Sandra que despexa. Xoga o Burela con vantaxe e case a volve a ter Laura Barranco que roza o pau no mesmo minuto. Gran recuperación de Lara case na área rival que volve despexar Sandra e volve desviala nun disparo de Sydorenko tras un saque de banda. Recupera as 5 xogadoras o conxunto local non logrando aproveitar o Burela a vantaxe. Volve despexar Sandra por encima do traveseiro un gran disparo lonxano de Sydorenko e despexa Ana Eliza salvando o empate nun dobre penalti na sexta falta do Burela. Sae de 5 o Chiloeches e chega o terceiro de as burelenses nun erro nun pase de Noelia de las Heras que rouba Lara, quen dispara e protexe o balón ata a portería baleira. A un minuto da bucina final, Ana Eliza consegue o cuarto tanto cun golazo de portería a portería baleira sentenciando o partido.
Ficha Técnica CD Chiloeches 1-4 Burela FS
CD Chiloeches (1): Sandra; Ju Delgado, Macarena, Noelia de las Heras (C), Nekane –quinteto inicial-, Blanca, Nora, Virginia, Lucía, Rocío, Myriélen.
Burela FS (4): Ana Eliza; Cris Blanco, Silvia Rubal (C), Sandra, Lara -quinteto inicial-, Irene, Laura Barranco, Sydorenko, Gabi.
Goles: 0-1, min. 5: Silvia Rubal. 0-2, min. 8: Silvia Rubal. 1-2, min. 31: Rocío. 1-3, min. 38: Lara. 1-4, min. 39: Ana Eliza.
Árbitros: Georgiana Alina Bancu, Luis Mariano Sánchez y David Serrano
Incidencias: Viron tarxeta amarela, por parte das locais, Macarena (dobre amarela), Blanca (dobre amarela) e Myriélen; e por parte do equipo visitante, Gabi e Laura Barranco. Viron tarxeta vermella directa, por parte do equipo local, Nekane, e do visitante, Silvia Rubal.





















Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.



