Ribadeo, 17 de outubro de 2025. Do 17 ao 19 de outubro terá lugar a XXII Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón, que foi presentada pola concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. A cita terá lugar no Teatro ás 20 horas todos os días.
A edil ribadense explicou que “esta Mostra, que leva o nome de Daniel Cortezón, continúa sendo unha homenaxe viva á súa memoria e ao seu legado cultural. É xa unha cita consolidada no calendario cultural de Ribadeo, un espazo no que o teatro afeccionado galego pode compartir o seu traballo e o seu entusiasmo co público. Durante tres días teremos a oportunidade de gozar de diferentes propostas escénicas que nos farán rir, pensar e, sobre todo, valorar o talento das compañías da nosa contorna”.
Begoña Sanjurjo relatou que “o programa deste ano inclúe as seguintes representacións: o venres, 17 de outubro, Historia dun fidalgo, a cargo do Grupo de Teatro A Mariña (Cervo); o sábado, día 18, A herencia de Xoana, do Grupo de Teatro Abrente (As Nogais); e o domingo, día 19, A presa, do Grupo Humorístico Trípode (Alfoz)”.
A concelleira de Cultura contou que “todas as funcións terán lugar ás 20:00 horas no Teatro de Ribadeo. O prezo da entrada é de 3 euros”. E animou á veciñanza de Ribadeo e da comarca a asistir a esta mostra: “o teatro é unha das expresións culturais máis vivas e máis necesarias. Queremos que Ribadeo siga sendo un lugar de encontro para a creación e para o gozo colectivo das artes escénicas. Vémonos no Cine Teatro”.
A XXII Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón está organizada polo Concello de Ribadeo, a través da súa Área de Cultura.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



