Viveiro, 25 de outubro, 2025. Tras coñecerse os orzamentos da Xunta para o vindeiro ano, os socialistas viveirenses fan unha valoración dos mesmos: “Un dos temas fundamentais para o noso Concello é Via de Alta Capacidade, unha demanda histórica que levamos décadas reclamando. Dende que se desviou a Autovía do Cantábrico para Vilalba, cun presidente da Xunta de GalIcia do partido Popular, e un Alcalde de Viveiro tamén do Partido Popular que non reivindicou o que debía, -isto foi a crónica dunha morta anunciada-“.
“Levamos moitos anos pelexando por esa vía. O ano pasado a Xunta orzamentou 4,7 millóns de euros para 2025, prevendo 10 millóns para 2026 e seguintes anos. Agora, os orzamentos inclúen só 4 millóns de euros, para o conglomerado da VAC Costa Norte, a Variante de Viveiro e a mellora da LU-540 entre Viveiro y Ourol, esta última que esté en proceso, e dicir, menos que o proposto a pasado exercicio. Esa cantidade pode parecer importante pero non é así, primeiro porque é poñen algo por poñer, porque non hai intención de facer nada, ademáis non hai nada, o proxecto está incompleto, non ten o estudio do impacto medio ambiental, nin os informes técnicos pertinentes. En definitiva non hai absolutamente nada real, nin novo”.
“Outro exemplo: a chamada -remodelación da fachada marítima-. A Conselleira do mar anunciou o sábado pasado en Viveiro 200.000 euros , os orzamentos recollen 167.000 eu, que se destinarán a bachear o aparcamento do antigo muelle de Viveiro. Non é unha inversión nova, é mantemento que xa hai anos que o deberían de facer, pero como estaba unha Alcaldesa Socialista non o fixeron. Ademáis é unha responsabilidade de portos, non é nada novo para Viveiro. Portos de Galicia ten obrigación de facelo”.
“O mesmo ocorre coas actuacións no propio Porto de Celeiro: non se trata de novas inversións senón de obras de conservación, que tamén son responsabilidade de Portos de Galicia que ademáis cobra polos seus servizos”.
“Por último aparace nos presupostos unha partidada de 974.000 eur. para a protección do risco de inundación na zona de Xunqueira, trala riada do 2018. Pero hai que decilo claro: Augas de Galicia só achega 600.000 eur, o resto é aportación do Concello e a Deputación de Lugo, froito dunha negociación feita pola anterior goberno municipal socialista, porque nun primeiro momento a Xunta pretendia que o Concello asumise todo”.
“Hai que engadir que parte do que aporta augas de Galicia proceden dos fondos europeros Next Generatio que negociou o Goberno de España”.
“En resumo: unha vez máis, Viveiro queda esquecido e olvidado. A moción de censura foi só una excusa, e os resultados estan á vista. A ver que din ahora aos seu socios de Por viveiro”.
“Non hai camiños, no hai proxecctos, non ai futuro para Viveiro nos orzamentos da Xunta de Galicia”, conclúen.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



