O deputado mariñao Daniel Castro presenta varias iniciativas ao respecto
A Mariña, martes 14 de outubro 2025. Despois da masiva asistencia de veciñas e veciños á concentración convocada en Barreiros pola falta de médicos no Centro de Saúde, o deputado mariñao do BNG, Daniel Castro que asistíu tamén á concentración deste luns, vai presentar no Parlamento unha serie de iniciativas ao respecto.
Recorda Castro que a situación da Atención Primaria na Mariña nos últimos ano é un absoluto caos, cun evidente empobrecemento da calidade asistencial, o que provocou que na totalidade dos concellos mariñaos houbese ausencia de persoal sanitario, algo do que calquer veciño ou veciña da Mariña pode dar fé. “A dirección do Sergas e o conselleiro contaron mentira cando a principios de verán afirmaros que a asistencia sanitaria na Mariña estaba garantida, porque é obvio que non o estivo na época estival nin o está no outono” afirmou Daniel Castro.
A situación que se viña dando na Mariña chegou tamén ao Centro de Saúde de Barreiros, cunha situación inaceptable no mes de outubro, ao atoparse coa asusencia dos tres médic@s e sen cubrir ningunha desas prazas de médic@s, deixando á poboación sen atención médica básica e provocando unha espera por consultas de até tres semanas. “Esta situación dase despois dun verán cunha máis que evidente saturación dos servizos, só salvados pola profesionalidade e implicación do persoal” aseguran desde o BNG.
Barreiros leva anos soportando a aplicación de recortes por parte do PP
O Centro de Saúde de Barreiros leva anos soportando a aplicación de recortes en servizos á poboación, coma nos de matrona, pediatrría, persoal para des prazad@s…. Recortes que tamén se deron no resto da Mariña, e que responden a unha estratexia do PP no seu proceso de desmantelamento da Atención Primaria e da sanidade pública.
Ante esta situación o Grupo Parlamentario do BNG insta á Xunta de Galicia a cubrir de xeito inmediato e permanente as tres prazas de médicxs no centro de saúde barreirense e a garantir a atención sanitaria no mesmo. Así mesmo esixirá que se díen as correspondentes explicacións polo acontecido que derivaron na total ausencia de médicxs.





















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



