O proxecto, redactado hai case dous anos, amosa o forte compromiso do Concello por poñer en valor este espazo emblemático, aproveitando agora a oportunidade de enmarcalo nos fondos GDR para facelo realidade
Cervo, 22 de outubro do 2025. O Concello de Cervo recuperará o histórico quiosco de Juana como punto de información turística interactivo en San Cibrao.
O Concello de Cervo impulsa un bonito proxecto para revivir un dos símbolos máis queridos e pintorescos de San Ciprián: o antigo quiosco de Juana, converténdoo nun novo punto de información turística interactivo e autoxestionado que unirá memoria, identidade e innovación.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, salientou que “esta actuación é moito máis que unha intervención turística: é un exercicio de respecto e cariño pola nosa historia colectiva, unha maneira de perpetuar unha estrutura tan xenuína que forma parte da alma de San Ciprián e que non deixa indiferente a ninguén”.
O goberno local amosou un interese e compromiso especiais con esta recuperación. A rexedora explicou que “o Concello tiña clarísimo que o quiosco de Juana debía volver ter vida; por iso o proxecto leva case dous anos redactado, agardando a oportunidade de facelo realidade. Cando se abriu a posibilidade de enmarcalo nos fondos do GDR dentro do programa LEADER, non se dubidou nin un segundo”.
O novo quiosco evocará o deseño e o carácter do orixinal, mediante unha estrutura lixeira de nova planta cunha linguaxe contemporánea, que conservará os valores formais, simbólicos e identitarios da peza orixinal.
O espazo converterase nun centro de interpretación e punto de acollida para visitantes, operativo e dotado de recursos dixitais e paneis interactivos, ademais dunha plataforma web accesible desde móbiles, coa finalidade de difundir a historia, o patrimonio e a cultura do Concello de Cervo.
A actuación, como se dixo, está financiada a través do GDR (Grupo de Desenvolvemento Rural Asociación Terras de Miranda) e supón un investimento de 33.750 euros.
O proxecto incluirá contidos sobre a historia do quiosco de Juana e a súa relevancia social, os principais atractivos turísticos do Concello de Cervo, as festas, tradicións, toponimia e a memoria colectiva local, entre outros.
A alcaldesa, que se achegou ata o quiosco acompañada pola concelleira Mali Méndez, destacou que “esta é unha obra enorme en valor simbólico. Supón recuperar un punto de encontro, un recordo común e un anaquiño da nosa identidade” e quixo agradecer de maneira especial a colaboración de Juana, que rexentou durante moitos anos este histórico quiosco e cedeu a instalación para facer posible a recuperación deste símbolo tan querido de San Cibrao.
Con esta intervención, o Concello de Cervo reafirma a súa aposta por conservar e poñer en valor o patrimonio local, combinando tradición e modernidade para que a memoria do quiosco de Juana siga viva en pleno centro de San Cibrao.






















Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



