Ribadeo, 22 de outubro, 2025. O IES de Ribadeo Dionisio Gamallo en colaboración con Dani Prieto, biólogo da Cofradía de Pescadores de Ribadeo realizou unha actividade para concienciar sobre o uso e abuso dos plásticos. Tivo lugar na Devesa, concretamente na Praia do Portiño e participou un grupo de 25 alumnos e alumnas de 4º da ESO coas profesoras de Bioloxía, Beatriz González e Susi Besteiro.
Tras unha breve exposición de Dani Prieto sobre a contaminación producida polo abuso dos plásticos na nosa sociedade e unhas indicacións sinxelas o alumnado dedicou case dúas horas á recollida tratando de seleccionalos segundo fosen ou non reciclables para poder depositalos despois nos contedores axeitados. As bolsas amarelas pouco tardaron en encherse de botellas, tapóns, bolsas e outros envases como bandexas porta-alimentos. As bolsas azuis e negras acabaron cargadas de moitísimos restos de redes, telas e prendas de roupa, chanclas, gafas de buceo, gomas do pelo, moitos anacos de plásticos duros e aínda que pareza mentira, un bó número de cartuchos de caza.
O alumnado quedou sorprendido pola cantidade recollida e pola variedade atopada, satisfeitos co traballo de limpeza realizado pero tamén coa impotencia de deixar a praia libre de plásticos. E xa nin pensar nos microplásticos, invisibles polo pequeno tamaño pero que tamén supoñen unha grave contaminación ambiental na terra, na auga, no aire e que pola cadea alimentaria chegan ata o ser humano onde xa se demostrou a súa presenza nos pulmóns e ata no cerebro.
É necesario crear conciencia ecolóxica e este tipo de actividades axudan. Polo tanto, agradecémoslle a Dani Prieto, ex-alumno do Instituto, a súa axuda para que as futuras xeracións sexan consumidores responsables capaces de reducir, reutilizar, reciclar e non depositar o lixo onde non é agradable atopalo. Respetando a natureza, respetámonos a nós mesmos.























A celebración está organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e conta co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.



