Paloma Castro advirte que a normativa actual é “desfasada, ríxida e ineficaz, obstaculiza a toma de decisións, xera incerteza xurídica e impón cargas administrativas innecesarias”
Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2025. A Comisión de Pesca do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que aprobe un novo Decreto “único e integrador” que regule a pesca marítima profesional en Galicia. A parlamentaria socialista Paloma Castro advertiu que o sector está a traballar cunha normativa “desfasada, ríxida e ineficaz”, ademais de que “obstaculiza a toma de decisións, xera incerteza xurídica e impón cargas administrativas innecesarias”.
Reclamou unha nova normativa “que estea ao servizo da xente do mar, e non ao revés” e que “integre, simplifique e actualice a lexislación existente”, regulando a pesca marítima profesional de Galicia “de forma clara, sistemática e adaptada á realidade”, contando coa participación do sector. Sinalou ademais que a norma debe aplicar criterios de boa gobernanza, primando a “simplificación, necesidade, proporcionalidade, eficacia, eficiencia, transparencia e seguridade xurídica”.
Advertiu que a realidade actual evidencia “unha gran dispersión normativa, con múltiples decretos e ordes que regulan aspectos esenciais da actividade pesqueira, como as artes e aparellos, o rexistro de buques, os permisos de explotación, ou a alternancia de artes. Estes “carecen en moitas ocasións da coordinación necesaria e a adaptación axeitada á normativa comunitaria, estatal ou mesmo á propia Lei de pesca de Galicia”, dixo.
Castro puxo como exemplo o Decreto de artes e aparellos de 2011, que a Xunta prometeu renovar dende 2014, pero “estamos en 2025 e o único que permanece é o incumprimento dos compromisos” do goberno galego, que leva máis dunha década de “inacción”. Este Decreto segue actualmente en vigor “sen revisión algunha nin adaptación á normativa europea e estatal nin integración coas novas demandas do sector nin co desenvolvemento da Lei de Pesca de Galicia.
Texto da iniciativa aprobada hoxe:
“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a que promova con carácter prioritario a elaboración dun novo decreto único e integrador que regule, de forma clara, sistemática e adaptada á realidade actual, o exercicio da pesca marítima profesional en Galicia, coa participación activa do sector e aplicando criterios de boa gobernanza”.



















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



